Moción para a creación dun refuxio e máis un servizo de recollida municipais de animais abandonados.

Posted on Actualizado enn

Seguro que non nos trabucaremos se pensamos que tódolos/as concelleiros/as compartimos un amplo consenso de que o mandato que nos encargou a veciñanza de Mos consiste basicamente en resolver os problemas dentro do marco legal establecido.

Desgraciadamente temos que evidenciar que isto non se está cumprindo con respecto á recollida e protección dos animais abandonados.  Certo que existe un convenio asinado polo goberno municipal coa Deputación de Pontevedra en colaboración coa empresa  Tragsatec a través do MAGRAMA, que remata concretándose no CAAN ubicado en Armenteira – Meis e xestionado por outra empresa distinta da primeira. Pero non é menos certo que dito convenio resulta a todas luces moi deficiente, apenas una mera formalidade para non incumprir palmariamente a lei 1/93 do 13/14/93 de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de ámbito autonómico.
É tan evidente a insuficiencia deste servizo que ata a mesma empresa recoñece que está desbordada, segundo informa o correspondente xefe de servizo da Deputación. Ademais, na practica, este servizo redúcese á captura de cans e o seu inmediato traslado ao centro de Meis, excluíndo ao resto de animais de compañía. A todo isto debemos engadir as queixas e demandas dos/as veciños/as que teñen que trasladarse ata Meis cando queren recuperar a súa mascota extraviada, xa que non se lles notifica a captura antes do traslado.

Somos coñecedores da situación delicada do erario do noso concello, pero entendemos que descontada a inversión inicial, os custos deste servizo serán menores que manter o convenio actual, o cal claramente ten un coste á alza (como denota a derradeira subida da cota a aportar polos municipios), e estando dito servizo conveniado tan distante non satisface de forma eficaz  as necesidades do concello.

Tanto o esforzo inversor coma o custo de mantemento anual do servizo poden verse reducidos se aplicamos as experiencias doutros concellos nos cales a xestión do refuxio e do servizo de captura pode auto xestionase dende o voluntariado (que tamén obtén ingresos para axudar a sufragar o servizo a través de doazóns de particulares), ou mesmo de concellos nos que se acadaron convenios coas comunidades de montes para ubicar estes refuxios de animais abandonados nos seus terreos. Dentro do ámbito educativo, as visitas dos nosos escolares ao refuxio poden conseguir entrañables experiencias vitais para eles.

Abondaría como único argumento para actuar en Mos,lembrar,  entre outros, algúns  artigos  da Declaración universal dos dereitos dos animais: Londres, 23 de setembro de 1977 adoptada pola ONU
Artigo 6.
a) Calquera animal que o home escolleu como compañeiro ten dereito a que a duración da súa vida está de acordo coa súa lonxevidade natural.
Artigo 11.
Todo acto que implique a morte dun animal é un  biocidio, é dicir, un crime contra a vida.

En base ó exposto,  e tendo en conta, ademais, que existen Organizacións Non Gubernamentais despostas a colaborar co persoal do Concello no diseño dun novo Plan de Proteción de Animais  en Mos, presenta esta moción  para que polo PLENO MUNICIPAL se acorde:

O  Goberno de Mos, nun prazo máximo de 6 meses: levará  a cabo a construción dun centro refuxio de animais e un servizo de recollida municipal sito en Mos .

 
Mos a dia 12 de  de febreiro de 2016

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .