Moción solicitando a creación dun viveiro de empresas.
En anteriores lexislaturas viu funcionando no Concello de Mos, concretamente, nas dependencias situadas na planta alta do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) un viveiro de empresas para emprendedores. Esta iniciativa deu moi bos resultados, permitindo que no seu momento emprendedores que non se podían permitir instalarse nunha oficina na que atender ós seus clientes, operar na súa actividade profesional e sufragar os gastos derivados dun aluguer, o puideran facer sen custe algún.
Por outra banda, para o Concello de Mos tampouco supuña ningún custe engadido, xa que do único que se tiña que facer cargo eran dos custes derivados dos consumos eléctricos (que nestes casos eran mínimos) e da limpeza das instalacións.
Desta iniciativa xurdiron varios profesionais entre os que cabe citar a avogada Rosa Ana Navarro así como a empresa Dixitalmedia (hoxe en día ambos con instalacións profesionais abertas ó público no Alto de Puxeiros), entre outras iniciativas empresariais.
Estes son varios exemplos de emprendedores que de non contar cun apoio mínimo, non poderían haber emprendido do xeito que o fixeron.
Se ben é certo que actualmente se están levando a cabo actividades profesionais a través de internet, sen ter a necesidade de saír do domicilio persoal, estas iniciativas se limitan a aquelas actividades de compraventa, pero non a aquelas outras nas que se presta un servizo directo ao cliente, e que precisan do trato directo co mesmo, e, polo tanto, dunhas instalacións axeitadas para poder desenrolar dita actividade.
Actualmente, e sen saber ben o porqué, as referidas instalacións municipais se atopan en desuso, a pesares da extrema necesidade de potenciar o autoemprego e a contratación empresarial nos tempos de crise económica e laboral nos que vivimos.
É urxente dotar dun espazo público para que aqueles emprendedores que precisen dun espazo físico para por en marcha e desempeñar os seus negocios, durante os primeiros anos de andadura profesional (2 ou 3 anos), poidan facelo sen custe algún.
O Concello de Mos non se pode permitir o luxo de non optimizar os recursos públicos, e aínda mais, non lle dar uso os bens de titularidad municipal, cando a demanda social é manifesta e numero de desempregados neste concello supera as 1.400 persoas.
En base ó exposto, se presenta a seguinte moción:
Que polo PLENO MUNICIPAL se acorde:
- a) Aperturar os viveiros de empresa para emprendedores en instalacións municipais (concretamente as oficinas situadas nas últimas prantas do Centro de Desenrolo Local), en horario de atención ó público (mañá e tarde), coa fin de fomentar o autoemprego e, posteriormente, a contratación, e sen custe para os interesados.
b) Colaborar ca Asociación de Empresarios de Mos co fin de xestionar os espazos así como seleccionar a aquelas persoas interesadas en ocupalos.