Comunicado: O perigo vial das múltiples estradas locais sen reparar.
As estradas locais de Mos ainda representan un perigo para a circulación depois de transcurridos tres meses dos danos producidos pola riada.
Sabido é que a riada do mes de febreiro produceu danos en varias estradas locais de Mos. O Goberno de Mos afirmou que iba a realizar xestión urxentes e tomar medidas para reparar ditas estradas, pero os danos causados nas estradas estan sen subsanar na maioría dos casos (Camiño de Bosende, Estrada da Autovía, rúa Generoso Domínguez, …) e ademais deteriorouse a sinalización de perigo inicialmente posta, pero non mantida correctamente.
Resulta icomprensíbel que despois de tanta visita a Mos de autoridades da Xunta e incluso da propia ministra Ana Pastor, quen afirmou o 21 de febreiro: ” Fomento vai acelerar os traballos para paliar as consecuencias da tormenta que afectou varios municipios da rexión. Anunciou que o seu departamento tratadas polo proceso de urxencia practicamente todas as obras necesarias para arranxar os danos causados pola tormenta na provincia de Pontevedra, a fin de acurtar o tempo de execución.”
As medidas tomadas son claramente insuficientes para garantir unha circulación segura nos viais deste concello, o cal é unha obriga fundamental que incumple o Goberno de Mos.
O Grupo GañaMos insta e demanda ao Goberno que tome en serio este problema e faga seguras as vías de Mos antes de que ocurra unha traxedia.