Prego para que a Alcaldesa renuncie a percibir do Concello de Mos a cantidade económica equivalente a que percibe da Deputacion de Pontevedra.
Dado que a Sra Alcaldesa de Mos cobra do Concello de Mos un elevado salario que o seu Partido aprobou : 48.676,20 € anuais pola adicación exclusiva a este concello.
Resulta que ao ser Deputada Provincial; Voceira do Partido Popular e pertecer a a 8 comisións informativas, (200 € por comisión e 475€ por pleno) percibe habitualmente 2.075 € mensuais da Deputación de Pontevedra ademáis de dietas e outras comisións e plenos extraordinarios ; o que supón uns ingresos estimados mínimos de 24.900 € anuais. Que sumados ao salario que percibe do Concello de Mos resultan uns ingresos anuais brutos de 73.576,20 € .
As ocupacións da Alcaldesa de Mos na Deputación, asociadas ao seu cargo neste organismo reflicten no seu traballo no concello, xa non realiza unha labor exclusiva para o Concello de Mos e adica unha grande parte do seu tempo as súas labores na Deputación ao servizo do Partido Popular, resulta inmoral que cobre unha exclusiva deste concello que xa non é real nin practica.
Polo que co fin de axudar a sanear as arcas deste endeudado Concello e para ser ser congruente coa súa adicación neste concello. realizo o seguinte
PREGO:
Que a Alcaldesa renuncie a percibir do Concello de Mos a cantidade económica equivalente a que percibe da Deputacion.
Mos a 28 de marzo de 2016