Preguntas á concelleira de Urbanismo (pleno marzo 2016).

Posted on Actualizado enn

GañaMos presentou á Conscelleira Delegada de Urbanismo  as seguintes cuestion non respostadas no Pleno celebrado o dia 29/2/2016 prometendo a Concelleira respostar por escrito; polo que ao amparo da lexislación vixente formula de novo as seguintes preguntas para que se digne respostar nos termos e prazos estabelecidos no vindeiro Pleno xa que non foron respostadas ate agora.

1)Cales son os Plans se é que existen para recuperar o deterioro severo que sofreu coa riada o Paseo do  Rio Louro? En  que consisten, cal é o coste e en que tempo se van realizar?

2) En relación as presuntas irregularidades que presenta a construcción da nave de Redphone con  expedente de caducidade desta obra coa licenza UL 212/09 sita en Avda Peinador no nº 59:

Dado que existe a presunción de  que esta obra non respecta  a distancia as vías pública;  sobrepasa a altura permitida e a  ocupación da construcción de  máis do 50% da superficie real da finca que permite a licencia orixinal; Dado que está aberto un expedente de caducidade da licenza pero este está Por qué non se realizan as medicións pertinentes que permitan aclarar a legalidade de esta obra?paralizado asegún información ténica por non ter  as medicións precisas para a resolución:

Por qué se demora o trámite e resolución do expediente de caducidade de licenza cando están sobrepasados os prazos dende o 2/2 2016?

3) Cales son e en  que fase de realización  están as Adecuacións que sobre o PXOM  que ten que realizar o Departamento de urbanismo e Técnicos para enviar a Xunta, en relación aos déficits plasmados na memoria Ambiental.

4)Sobre a Nave Miraflores Almacén sita en Pena de Francia: estrada de Puxeiros 90.

Ten licencia actualizada despois da paralización previa decretada o día 2 de outubro de 2015?

Realizase seguimento desta actividade dados os antecedentes de irregularidades previas?

Ademais das anteriores, e dado que continúan a circular polo Camiño de Rosalino en Sanguiñeda  camións de maior tonelaxe do permitido: Cal é o protocolo que se sigue para controlar o tráfico pesado e  qué sancións foron impostas nos últimos 12 meses e coa cuantía específica de cada unha referente a cada sancionado.

Asinado 28/3/2016

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.