Proposta de actuación para mellorar o acceso aos Centros Públicos.
A asemblea municipal GañaMos. ao amparo da lexislación vixente (Artigo 97/6 do ROF) o seguinte prego, fai a seguinte proposta de actuación, para ser debatido no seguinte pleno e se digne respostar no mesmo pola Concellalía de Urbanismo ou quen corresponda:
Existe unha conciencia xeralizada pola pobación da necesidade de mellorar o acceso aos numerosos Centros Públicos existentes nas Pozas, polo actual risco existente para os viandantes (en moitos de eles nen@s) en dita zona e tamén pola dificultade para unha circulación de veículos segura; reflexo desta Concienciación está o Proxecto deste Concello da humanización do Camiño das Pozas.
Chama a atención que recentemente se otorgou licenza para construir un muro diante da vivenda nº 18 do Camiño das Urces e como resultado de tal construcción, se paraliza “de facto” a continuidade posibel da beirarrúa procedente do multiusoas, diminuindo a seguridade dos peóns e coa dificultade engadida para o paso dos numerosos vehículos que transitan por ese cruce, entre eles os autobuses que proceden do IES de Mos.
Dado que nos consta boa disposición do propietario da vivenda facemos o seguinte PREGO; proposta de actuación:
Que o Goberno Municipal chegue a un acordo co Propietario da vivenda do camiño das Urces nº 18, co fin de que se retranquee o muro construido para así continuar. con anchura suficiente, a beirarrúa procedente do Multiusos hacia o Camiño das Urces e ao mesmo tempo se deixe o maior espazo posibel para o paso dos vehículos. Asemade se valore a posibilidade de que dita beirarrúa teña continuidade polo Camiño das Urces hacia o nº 16 e 14 etc en coordinación cos propietarios de ditas vivendas con fin de paliar os trastornos e mesmo perigo que se orixina.
Mos a 28 de marzo de 2017