Comunicado: O PXOM mosense comeza a dar problemas antes da súa entrada en vigor
No último Pleno Municipal celebrado onte, o Partido Popular de Mos propuxo á totalidade da Corporación Municipal presentar unha moción conxunta co fin de facer unha declaración para manifestar o reixeitamento á implantación dun parking de camións na parroquia de Dornelas.
Este parking tería previsto dar servizo a máis de 200 camións de toda a área metropolitana. Isto implicaría un tráfico continuo polas estradas principais dos centros urbanos de Peinador e Puxeiros-Portela que se sumaría ao xa existente, provocando a saturación das vías e unha inseguridade na circulación que terían que soportar os veciños ademáis do incremento da contaminación acústica e ambiental.
GañaMos mostrouse favorable a esta declaración e instou ó goberno municipal de Mos a que faga todo o legalmente posible para impedir a instalación do parkíng para camións que esta empresa privada ten previsto crear na parroquia de Dornelas. Estes terreos son os menos axeitados para unha infraestructura deste tipo, que debe situarse nun polígono industrial e ó lado dunha vía de alta capacidade, para que o tráfico pesado non transite polas zonas urbanas residenciais.
Dende GañaMos advertimos que esta declaración non deixa de ser unha hipocresía do Partido Popular de Mos, que intenta agora lavar a súa imaxe e ocultar a súa mala xestión urbanística que sofrirán os veciños de Dornelas, Peinador e Puxeiros. Advertimos que este so é o primeiro problema dos moitos que se deixarán ver co novo modelo do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado cos únicos votos do Partido Popular, presidido por Nidia Arévalo.
Prácticamente tódolos terrenos situados en Monte Faquiña, a ámbolos dous lados da Avda. de Peinador que une os centros urbáns de Puxeiros e Peinador, pasaron a ser calificados como solo industrial. Deste xeito, calquera tipo de industria ou actividade, incluso as calificadas de molestas, insalubres ou perigosas, poderán instalarse nesta zona, acarrexando múltiples problemas aos os veciños dos núcleos residenciais de Peinador e Puxeiros.
Dende GañaMos levamos advertindo este tipo de deficiencias no PXOM dende a nosa chegada á corporación municipal e os veciños xa enviaron máis de 700 queixas á Consellería de Mediaombiente da Xunta sen obter unha desposta que garanta a solución a estes problemas. O único que queda claro é que o PP de Mos non quixo escoitar as nosas advertencias nin as preocupacións destes veciños xa que o novo PXOM non contempla vias de servicio para estas zonas industriais e o tráfico pasará irremediablemente polas zonas residenciais de Peinador, Dornelas e Puxeiros-Portela.