Moción solicitando que se promova un convenio coa Xunta de Galicia sobre uso do antigo hospital do Rebullón para actividades ou servizos sociais de ámbito municipal

Posted on Actualizado enn

Sabido que o edificio e entorno do Rebullón é un ben Público ubicado no Concello de Mos e xestionado pola Xunta de Galicia.

 O peche do antigo hospital do  Rebullón  cun total de 25,666 metros cadrados  de construción, rodeado por 6 hectáreas de terra supón  ter un edificio a dispoisción con moitas posibilidades.  Non se utilizan máis de 16.000 metros cadrados. da construción principal destinados a: as dependencias da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) , a base 061, o rexistro do paciente Sergas e un novo servizo de almacenamento de mobiliario e equipamento. Ademais o Sergas mantén alí  un almacén coas Historias Clínicas.

Este edificio público, é de fácil acceso para os veciños de Mos polas seguintes características:  ampla via diante,  aparcadoiro,  tránsito do transporte público que vai ao  parello Centro de Saúde,  relativamente cerca  da rotonda de Puxeiros por onde circulan numerosos autobuses públicos. Engadido isto a que numerosas persoas se desplazan diariamente ao Centro de saúde o que facilita que poidan ao mesmo tempo utilizar servizos que neste edificio se instalen.

Existen carencias de servizos tanto no noso Concello coma na Comarca para satisfacer necesidades de carácter sociosanitario: Residencia Pública para Maiores, Centro de Día, Centro de Atención á muller etc. que poderían ser satisfeitas, en boa parte, cun plantexamento de uso de este edificio .

No Concello de Mos existe precariedade  dos edificios municipais en canto a volume insuficiente : Abonda ver a incomodidades na que traballa o persoal de urbanismo e Servizos sociais,   a carencia dun arquivo municipal non integrado… que posibelmente co uso de este edificio mellorarían o servizo.

Neste momento está pendente de definir o destino de gran parte  deste edificio pertencente ao Goberno Galego: sobre ese aspecto o   director da área de saúde de Vigo, Felix Rubial, “considera que é «a sociedade» que debe decidir cal é destino..”

Por todo o anterior, consideramos que o Concello de Mos debe aproveitar esta oportunidade e actuar para mellorar os servizos á poboación con este posibel recurso físico que existe no noso término municipal.

POR TODO O ANTERIOR PROPOMOS AO PLENO O SEGUINTE ACORDO:

1.- Que os técnicos do Concello, en colaboración  coa Xunta,  estuden o uso de este edificio para as  instalacións mencionadas ou outras que se consideren de interés para os mosenses e habitantes da comarca así como as posibilidade de ubicar no mesmo  servizos da administración local de Mos  para mellorar o funcionamento da mesma.

2) Que se inicien polo Goberno Local negociacións coa Xunta de Galicia para buscar unha fórmula  satisfactoria de uso do edificio e entorno do Rebullón e se cree  unha comisión con representación de todos os grupos políticos para o seguimento e toma de decisións sobre o proceso.

Mos a día 15 de xuño de 2016.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.