Comunicado: A Alcaldesa de Mos declara públicamente negarse a dialogar con GañaMos
A Alcaldesa de Mos anunciou públicamente no Pleno Municipal de Mos celebrado hoxe que ela e os concelleiros do goberno non van colaborar en ninguna actividade cos concelleiros do grupo GañaMos.
Dende GañaMos queremos resaltar que dende que formamos parte desta corporación despois das eleccións de maio estivemos traballando arreo pola transformación deste concello nun lugar máis agradable para vivir e tratando de axudar aos máis desfavorecidos. Presentamos numerosas mocións neste sentido, no eido da Sanidade, a Educación, o transporte público, e apoiamos outras iniciativas -independentemente dos grupos que as presentaran- coma no caso da Area Metropolitana, a loita contra o machismo, a baixada do IVE Cultural, etc,…
Consideramos que a única explicación de esta actitude de bloqueo anunciada contra GañaMos é a chegada aos veciños dunha publicación que detalla os intereses que esconde O PXOM aprobado en solitario polo PP, que mestura zonas industriais con zonas residenciais, con zonas verdes de separación insuficientes, vías de 8 metros de ancho incapaces de acoller beirarúas e zonas de estacionamento, criterios arbitrarios na consolidación de núcleos rurais e discriminación intencionada das alegacións individuais, practicando unha política clientelar ao servizo dos amigos máis poderosos. Dentro destes intereses urbanísticos destaca a negación a medir e baremar as posibles irregularidades dunha voluminosa nave industrial que construe, con licenza caducada, a empresa Redphone, representada por D. Manuel Ferreira na Avda. de Peinador.
A Alcaldesa dificulta cada vez máis, o acceso a información e expedientes saltándose o prazo de 3 días máximo, condicionando aos funcionarios para que non nos faciliten información relativa a cobros de concelleiros e outros temas que ela considera sensibeis, mantendo un oscurantismo total. Isto incumple a Lei de transparencia de 2013, que obrigaba aos concellos a crear un portal web antes de 2015, con información que permitise aos cidadáns coñecer en detalle a xestión dos seus representantes (contratos asinados, programas obxectivos plurianuais e os medios de chegar a eles, orzamentos, salarios dos concelleiros e rexistro de propiedade, regulación, etc…).
Agora a alcaldesa nun alarde de abuso de poder e prepotencia, dificulta o acceso a información aos concelleiros de GañaMos pese a ter un concelleiro Delegado, Alberto Méndez, adicado á transparencia. No pleno de hoxe negouse a contestar ás numerosas preguntas que fixemos, demorando as respostas que, tal e como anunciou, a partir de agora serán por escrito.
Ao mesmo tempo, ofertou públicamente a colaboración do seu equipo cos outros grupos da oposición (PSOE e BNG) esquecendo que GañaMos representa a cuarta parte dos mosenses. Esta actitude pon en evidencia que este Goberno ten moito que esconder.