Moción para crear un banco de terras para potenciar a agricultura ecolóxica.
Solicitamos ao goberno municipal do Concello de Mos que inste a concelleria de medio rural que poña en funcionamento un banco de terras composto por leiras particulares que se atopan sen traballar e en estado de abandono.
Con esta iniciativa téntase que todos os veciños e veciñas do municipio que dispoñen de leiras sen traballar póidanas, voluntariamente, pór a disposición doutras persoas que non posúen terreos pero que queren facer unha aposta pola agricultura e a horticultura ecolóxica.
Con esta iniciativa os alumnos dos talleres de emprego sobre agricultura ecolóxica terían á súa disposición terras para pór en práctica os coñecementos adquiridos durante os cursos.
Así podereiase articular unha simbiose entre propietarios e alumnos na que todos sairian beneficiados. Por unha banda os propietarios terán limpas as súas leiras e evitarán posibles sancións por non cumprir coa normativa municipal e, por outra, os que traballen as leiras poderanse beneficiar de produtos naturais e ecolóxicos creando as súas propias hortas de autoconsumo.
A iniciativa non teria que restrinxirse só a alumnos, se consiguense terras dabondo poderia extenderse a calquer veciño ou veciña que carezca de terras de labradio para así realizar unha explotación comunitaria de ditas terras.
Aos participantes se les suministraría de auga e asesoramento, pero a adxudicación non inclúe a subministración de sementes, apeiros nin outros útiles necesarios. Tampouco se permitiría a cesión de uso a terceiros.
O programa podería levar aparellados compromisos éticos como xestionar os residuos vexetais para facer unha compostera colectiva, participar na creación dun banco de sementes ou en xornadas de portas abertas para os barrios nos que se sitúen, entre outras actividadse.