Moción solicitando que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento facer as pertinentes modificacións no trazado do cruce que conforman a antiga estrada Vigo-Madrid coa saida da autopista AP-9 no alto de Puxeiros no linde entre Vigo e Mos.
O grupo municipal Gañamos solicita ao pleno que aprobe unha moción para que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento a realizar as pertinentes modificacións no trazado do cruce que conforman a antiga estrada Vigo-Madrid coa saida da autopista AP-9 no alto de Puxeiros.
Seria máis que superfluo argumentar esta solicitude xa que calquer conductor ou conductora que a cotío circule por dito cruce seguro que sentiu a sensación de perigo ou incluso levou algun susto tendo que maniobrar para evitar unha colisión, máxime se o transito é nas horas de maior densidade de tráfico pesado. É notorio e de todas coñecida a mala visibilidade do devandito cruce que aumenta a seu potencial risco de colisión pola alta velocidade de aproximación dos vehiculos que abandonan a autopista.
Cunha simple inspección visual in situ advírtese que o Ministerio de Fomento ten terreos expropiados ou afectado dabondo para acometer unha reforma que suprima este perigo para todas as veciñas e veciños que teñen que circular por dito cruce.