Moción solicitando a adecuación do Camiño do Covelo

Posted on Actualizado enn

Co motivo dunha subvención outorgada pola Deputación de Pontevedra ó Concello de Mos, hai uns anos se levou a cabo unha mellora substancial do vial denominado “CAMIÑO DO COVELO”, que enlaza a estrada de servizo da autovía A-55 ca Urbanización de San Eleuterio.

        Como consecuencia de imprevistos na execución, que non estaban contemplados no proxecto inicial e que encareceron a obra, se deixou sen rematar parte dese vial, nuns metros antes de chegar a entrada de dita Urbanización.

        Actualmente o muro de contención achegado a beirarrúa non está rematado, finalizando no medio dunha importante curva desa estrada, e isto a pesares de que tódolos veciños colindantes cederon no seu día os terreos para lle dar continuidade a ese muro ata a entrada da Urbanización.

        Esta obra inacabada supón ademais un perigo tanto para peóns como para condutores, dado que a beirarrúa remata no medio da curva obrigando ós peóns a invadir a estrada pola que circulan os vehículos, xusto despois dun tramo curvo moi pronunciado. O perigo para a seguridade vial se incrementa o estreitarse a estrada xusto no medio deste tramo curvo, ca sorpresa que supón para os condutores que non coñecen o lugar. Ademais, este é un lugar moi transitado xa que é a estrada principal que comunica a parroquia de Tameiga cá de Pereiras, e no seu entorno, ademais da citada urbanización, tamén se atopan as instalacións do campo de fútbol do Louro e a ludoteca do Cototorrón.

        Por todo isto é imperioso non demorar máis esta situación de inseguridade viaria e rematar as obras que no seu día quedaron inacabadas, de xeito que, sen mais demora, se constrúa o tramo de muro que falta por rematar, así como a beirarrúa, seguindo o trazado e o proxecto no seu día aprobado, e que ademais suporía un custe mínimo para este Concello.

En base ó exposto, se presenta a seguinte moción:

Que polo PLENO MUNICIPAL se acorde rematar as obras que no seu día quedaron inacabadas, de xeito que se constrúa o tramo de muro de contención que falta por rematar, seguindo o trazado e o proxecto no seu día aprobado, así como dar continuidade a beirarrúa, no vial que enlaza o vial de servizo da autovía A-55 ca Urbanización de San Eleuterio, denominado “Camiño do Covelo”.

Mos a dia 7 de novembro de 2015

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.