Moción para a realización dun calendario municipal coas festas e actividades que se celebran tradicionalmente no concello de Mo

Posted on Actualizado enn

 

O día 9 de decembro de 2015 na Comisión Informativa de Cultura,  analizouse polos seus membros a problemática que se estaba a crear no Concello pola coincidencia nas datas, en lugares cercanos de actividades organizadas  polas diferentes asociacións  e tamén pola coincidencia de estas actividades con actos programados polo Concello.

Despois dun prolongado debate onde o sentir xeralizado era evitar estas situación;  xa que diminue considerabelmente  as posibilidades de que acudan e disfruten os veciñ@s no maior número posibel.

Dsitintos membros da Comisión propuxemos varias solución;  propondo o noso Grupo que no mes de decembro dende a secretaría de Cultura se Solicitase ás Asociacións as suas Programacións para o ano seguinte. E que unha vez analizadas as propostas,  xunto coas Actividades que organiza o Concello se chegase a un Consenso para resolver o problema existente e así evitar as interferencias e sacarlle o máximo rendimento  económico e cultural aos actos que se programen.

Como queira que isto non se levou a cabo;  e recentemente se puxo en evidencia unha enorme interferencia na parroquia de Mos co cambio de data da II edición “Son do Pazo” para o día en que dende hai 15 anos  se celebra a Festa da Prehistoria.

Propomos para o seu debate e aprobación no vindeiro pleno o seguinte acordo:

  • No mes de decembro de cada ano  a Secretaria de Cultura solicitará ás Asociacións a Programación de Actividades e festexos para o ano seguinte.
  • O Concello realizará a súa proposta de programación de Actividades Propias tamén nestas datas para o ano seguinte.
  • No mes de xaneiro  publicarase o Calendario de Actividades  na  web do Concello e comunicarselle a todas as Asociacións e oportunaménte actualizarase dito calendario coas novas actividades que surxan ou modificacións.

 Mos a día 16 setembro de 2016.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.