Moción para que o Concello de Mos deixe de usar herbicidas con glifosatos.
O glifosato é un herbicida non selectivo de amplo espectro, desenvolvido para eliminación de herbas e de arbustos, en especial os perennes, é un herbicida total. A aplicación de glifosato mata as plantas debido a que suprime a súa capacidade de xerar aminoácidos aromáticos.
Numerosos estudos demostraron que o glifosato é nocivo para a saúde das persoas, os animais e o medio ambiente. En 2005 descubriuse que algunhas células da placenta humana son moi sensibles aos herbicidas que conteñen glifosato xa que este estimula a morte das células de embrións humanos, mesmo en doses moi inferiores ás utilizadas en agricultura.
Existe pois un alto risco de contaminar con estes productos augas e produción agro-gandeira que posteriormente pode repercutir na saúde humana e na alteración do medio natural.
Baseándose no Real Decreto 1311/2012 polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios,decreto onde se especifíca que “Con polo menos 10 días hábiles de antelación ao comenzo de cada tratamento, o usuario profesional ou a empresa contratante solicitará ao órgano competente da administración local a autorización para poder realizalo”, quedando así claro que son os concellos as institucións que, no uso das súas competencias, deben autorizar o uso de productos fitosanitarios en calquer actividade distinta da producción primaria agrícola ; polo que calquera Organismo Público ou Privado deberá contar coa Autorización do Concello para o so de herbicidas.
No Concello de Mos tense utilizado herbicidas presumiblemente con glifosatos de forma masiva por diferentes institucións que polas información até o día de hoxe non consta que tivesen a autorización municipal correspondente
Por todo o anteriormente exposto solicitamos para que sexa debatido e acordado no próximo Pleno a seguinte proposta.:
- O Concello de Mos non empregará nin autorizará o uso dos herbicidas conGlifosato na actividade pública en todo o término municipal e esixirá a aquelas persoas, entidades e organismos que colaboren ou contraten co concello que tampouco o empreguen.