Proposta ao resto de grupos da coorporación de Mos para redactar un manifesto conxunto en demanda do soterramento das vías do tren ao seu paso polas zonas urbanas de Mos e Porriño.

Posted on Actualizado enn

A Corporación considera que a traxedia ocorrida o pasado venres, día 16 en Mos perto da estación do Porriño , na que perderon a vida catro persoas e outras 49 sufriron feridas de distinta gravidade, é unha dolorosa e terrible proba de que é necesario que o ferrocarril deixe de transitar polo centro do concello, de xeito que se garanta a seguridade, tanto das veciñas e veciños da Comarca da Louriña , entre estes os de Mos que acuden habitualmente a esta vila.

Unha antiga reivindicación que data da metade do século pasado e que nestes 60 anos non foi atendida, maila aos accidentes e a perda de vidas nestas décadas no Porriño  é a necesidade dos soterramento das vías ao seu paso pola vila  eliminando  definitivamente o paso a nivel que utilizan os viandantes, incluido os numerosos peregrinos  polo Camiño de Santiago así como os vehículos

Polo anterior  facemos a seguinte proposta de ACORDO

A Corporación de Mos  participa na convocatoria  da  Concentración o venres día 30 de setembro, para esixir o soterramento das vías que pasan polo centro do Porriño, e anima os mosenses a participar.

O Concello dirixirase ao Goberno do Estado e aos responsábeis do Administración  de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF ) para concretar a aprobación dun proxecto que acabe co paso do tren polo medio do Porriño.

Mos a día 23 de setembro de 2016-

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.