Comunicado: A lamentable situación do castro de Torroso
A MALA XESTIÓN DE NIDIA ARÉVALO FIXO PERDER 325.000€ PARA O CASTRO DE TORROSO E UNHA OPORTUNIDADE HISTÓRICA PARA ESTE XACEMENTO EMBLEMA DE MOS E DA CHAMADA “CULTURA CASTREXA” DE GALICIA.
GañaMos presentou unha moción que será debatida no próximo pleno para que o castro de Torroso non volva a perder outra oportunidade coma esta.
Dende o ano 2010, Nidia Arevalo anunciou a posta en valor do castro de Torroso dentro do Plan da Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento pero finalmente o castro mosense quedou fora deste plan por non ter a titularidade dos terreos. A mala xestión por parte do Concello queda demostrada ao non facer caso aos informes da última empresa especializada que interviú no castro e que recomendaba, como primeiro paso, a compra das parcelas afectadas.
Por outra banda, é lamentable que Nidia Arévalo non sepa a estas alturas que as administracións non poden investir en propiedades privadas. En ningún momento plantexou a compra dos terreos aos propietarios e aínda así seguiu anunciando a posta en valor do castro ata as pasadas eleccións municipais, chegando a prometerllo incluso aos alumnos do instituto que reclamaban esta actuación, facendo unha promesa que sabía de antemán que non podería cumprir.
Estado dunhas das cuadrículas de excavación.
Finalmente o castro mosense quedou fora do Plan Provincial mentres outros castros da provincia están revalorizándose. Nen sequera se atreveu a queixarse, como ben sendo habitual, porque ben sabe que a única responsable desta perda é a súa incapacidade na xestión do patrimonio arqueolóxico de Mos. O informe realizado pola empresa Tomos de arqueoloxía no 2010 incide na necesidade da “compra, cesión, permuta ou expropiación dos terreos nos que se asenta o xacemento” como primeiro paso para futuras actuacións.
En decembro de 2013 convocou aos propietarios para informalles do Plan Provincial de Aproveitamento Turístico dos Xacementos Galaico-romanos. Nesa reunión o Concello limitouse a pedir permiso para a limpeza da vexetación do castro pero en ningún momento fixo ninguna oferta para adquirir as parcelas do castro a pesar de que esta foi unha das reclamacións de varios dos propietarios.
– Solo así se pode entender que, das 20 parcelas que hai no xacemento, o Concello non fora capaz de chegar a un acordó con ningún dos propietarios. Simplemente non houbo ninguna oferta. Somos conscientes de que algún pode ser reacio a vender a súa parcela pero non todos e precisamente antes de presentar esta moción falamos con varios dos afectados que nos transmitiron que o que queren é que se lles faga unha oferta seria e firme para resolver esta situación dunha vez, pois mentres o castro leva 24 anos coas excavacións paralizadas, eles son propietarios duns terrenos nos que non poden facer nada.
– O Plan de Aproveitamento Turístico dos castros ía invertir 6,5 millóns de euros en 20 castros da provincia. Polo tanto o Concello de Mós e o castro de Torroso perderon 325.000€ e unha oportunidade histórica por culpa da mala xestión de Nidia Arevalo.
– Ademáis, o estado do xacemento supón un serio perigo para os numerosos visitantes atraídos pola propaganda publicada polo propio Concello non últimos anos. Os toxos e maleza impiden ver as cuadrículas excavadas, que tendo unha profundidade de metro e medio ou dous metros e estar ocultos pola vexetación poden provocar caídas. Nós mesmos pudemos comprobar que varios estudantes acompañados polos seus país acudían ao castro para redactar traballos escolares, abrindose paso entre a vexetación coa axuda de paus.
Para que Mos non perda outra oportunidade coma esta, solicitamos a adopción dos seguintes acordos:
1- A adquisición progresiva de tódalas parcelas do Castro de Torroso, destinando para iso unha partida orzamentaria nos orzamentos de 2017 e anos vindeiros.
2- O control riguroso dos terreos para evitar posibles deterioros no xacemento e o compromiso decidido do Concello de informar aos propietarios e facer cumprir a Lei de Patrimonio Histórico.
3- A petición urxente de axudas e compromiso da Xunta de Galicia para facerse coa titularidade dos terreos e tratar de incluir novamente o castro de Torroso no mencionado plan .