Comunicado: Sra. Arévalo, crónica dunha mala xestión

Posted on Actualizado enn

portadanota

A continuación detallamos todas as probas e indicios atopados nas nosas pescudas sobre a contratación “exemplar” da subministración de sinais indicadores, un contrato por importe de 49.700€ resolto mediante procedemento “negociado” sen publicidade a prol da empresa Barreras de Seguridad. Esta empresa é a adxudicataria de case a totalidade dos traballos de sinalización, tanto vertical como horizontal, realizados no Concello de Mos dende que goberna a Sra. Arévalo, e sempre mediante este tipo de procedementos opacos sen publicidade.

PROBA 1- O sobreprezo

Pedimos oferta dos mesmos elementos, calidades e cantidades fixadas no contrato a unha empresa fabricante de sinalización, para poder comparar. Dita empresa pasounos unha oferta (Doc.1: https://goo.gl/Bx2Jbr ) de 9.067€ +IVE. Si, case 5 veces menos que o importe de adxudicación do contrato, o cal ascendia a 49.700€.

PROBA 2- A Calidade

Respecto a famosa e cacarexada calidade suprema dos sinais indicadores, despois de observalas, atopamos que os materiais son o mínimo esixido pola normativa de Turismo da Xunta de Galicia: A metade dos elementos colocados son dun material tan básico como unha simple chapa de aceiro rotulada e a outra metade son módulos de aluminio, sen máis. Respecto a calidade da súa instalación, ésta deixa moito que desexar, atopándonos sinais caídos por cimentación moi escasa ou colocadas de calquera xeito (Doc.2 https://goo.gl/ypB304) .

PROBA 3- O Procedemento

A Sra. Arévalo rápidamente escudouse no técnico municipal e na “exemplaridade do procedemento”. A realidade é que o expediente de contratación carece da documentación pertinente, documentación tan básica como o escandallo dos prezos que xustifique o orzamento, a acta de negociación coas empresas, ou mesmo a xustificación de convidar a ditas empresas e non outras, máxime habendo en Mos varias empresas capacitadas.  Ante isto, deixamos rexistrada a pregunta ao respecto e consultamos ao técnico en cuestión, quen recoñeceu que non ten nada documentado e non nos pode aportar ningunha proba documental de ter realizado o procedemento concorde a lei establecida. A nós segue sorprendéndonos que as ofertas foran case idénticas no importe e que ademais ditas ofertas foran presentadas o mesmo día, tendo algunha delas os números correlativos do rexistro de entrada. (Doc.3.1 https://goo.gl/clhqSE * Doc.3.2 https://goo.gl/v64A8d * Doc.3.3 https://goo.gl/n9ssX2 * Doc.3.4 https://goo.gl/MdUijK * Doc.3.5 https://goo.gl/7ibY1M)

PROBA 4- As convidadas de pedra

Indagamos sobre as dúas empresas convidadas a concursar que foron descartadas. Sorprendeunos que Esmetuy S.L., de recente creación (2014), se adicase a construción de estruturas metálicas, a priori, unha actividade sen ningunha relación coa sinalización.  Pero máis abraiante foi cando indagamos sobre a segunda empresa comparsa, Setramur S.L. Esta empresa si que se adica a unha actividade relacionada coa sinalización. Solicitámoslle un orzamento dos mesmos elementos pero menos cantidade. Respondéronnos ofertándonos a frecha metálica por 99,70€ e o módulo de aluminio por 216,00€. Con estes prezos a oferta que presentaron, ou quizas máis ben que lles presentaron, non rebasaría os 15.000€, o que queda moi lonxe dos 49.749.40€ que ofertaron. (Doc.4 https://goo.gl/EUyUre )

PROBA 5- A adxudicataria

Continuamos as nosas pesquisas indagando sobre a empresa adxudicataria, Barreras de Seguridad. Solicitamoslle tamén unha oferta dos mesmos materias pero moita menos cantidade. A estas alturas, xa non foi sorpresivo constatar que tamén a súa oferta era moito máis baixa que a que presentou para resultar adxudicataria do contrato. Concretamente ofertounos a frecha metálica por 151,20€ e o módulo de aluminio dobre por 805,67€, resultando en proporción o simple por 403,00€. Aplicando estes prezos ás unidades de contrato a oferta resultaria dun importe non maior de 20.000€. Si, efectivamete, menos da metade do importe polo que foron adxudicatarios 49.700€. E por raro que parezca máis caros que Setramur, S.L. (Doc.5 https://goo.gl/2DsWsp)

PROBA 6- Sempre pagaMos

Outra desculpa peregrina e recurrente da Sra. Arévalo para o seu desilfarro é que o diñeiro ven doutra administración. Isto non é totalmente certo, pois o coste das obras de sinalización contratadas só esta financiada en parte, ata un 75% dos 49.700€, pero o 25% restante máis o IVE sae dos fondos propios do Concello de Mos, case 20.000€. Ademais, todos son cartos das veciñas e veciños, xa que tanto o gastado con fondos propios como o aportado pola Xunta, Estado central ou Comunidade Europea tamén sae dos petos dos contribuíntes de MOS. (Doc.6 https://goo.gl/sYE9k4)

PROBA 7- A intimidade

Para rematar, non imos aportar unha proba senón constatar unha realidade: a estreita relación entre Ángel Latas, o propietario e administrador da empresa Bareras de Seguridad e o Partido Popular. Non temos nada en contra das amizades pero aquí pagaMos.

Nós expoñemos os feitos, agora xulguen vostedes.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.