Moción para a mellora da seguridade vial na rotonda do Mercadona (Ameirolongo)
Non pasa inadvertido para calquer persoa xa viaxe en coche ou vaia camiñando, que ha unha eiva de seguridade vial na rotonda que encontramos na N-550 saindo dende O Porriño hacia Redondela, unha raqueta onde ai duas entradas e duas saidas da autovía rias baixas que se xuntan con entrada e saida do hiper mercado Mercadona e a tenda de bricolaxe-xardineria AKI
Ante o fluxo de vehículos de unha N-550 con moito tráfico e os dous centros comerciais a rotonda é un fervideiro de coches sobre todo nas horas punta, pero o que queremos resaltar con esta moción non é so perigro de acidente de vehículos, se non o falta de seguridade que supon para os peons,.Non ai ningún paso de cebra, nin pasos elevados,nin tuneis, con o que se ven obrigados a cruzar as saidas e entradas da autovia sen as minimas garantías para a súa integridade física, isto ademais dificultase con unas aceras elevadas 30 centimetros e con escaleiras para aceder a ponte que pasa por debaixo da autovía.
Temos recibido queixas de vecinos de amieirolongo que non poden acedera o MERCADONA eo AKI con un carro da compra e que se ven na obriga de coller o coche para fazer un par de centos de metros, mesmo a xente de O Porriño ten esas mesmas queixas , tamben queremos resaltar que por este sitio pasa o camino portugués a santiago tendo que cruzar a saida de Vigo-Redondela que se atopa nunha curva mui pechada, aquí sinalariamos un “ponto negro” tendo outro justo en fronte de este na entrada Redondela-Ourense que se atopa despois de cruzar a ponte vindo de Redondela na que os turismos ante o contraste oscuridade claridade teñen dificultade para mirar os viandantes.
Na entrada ao Mercadona hai outra mini rotonda que deriva os coches ao AKI ou ao supermercado que supon un perigro mais a sortear polos clientes que acuden a pe.
Por todo o anteriormente esposto solicitamoslle ao equipo de gobernó do concello que se poña en contato con fomento e esixa a subsanación de estas eivas en seguridade e humanize a raqueta que une a N-550 con a autovía.