Moción para destinar unha partida nos Presupostos 2017 para mercar parcelas do Castro de Torroso.

Posted on Actualizado enn

Dende o ano 2013 a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento anunciaron a posta en marcha dun “Plan de posta en valor dos castros da provincia”. Dende entón, as noticias de tódolos medios de comunicación falaban de 16 castros unhas veces, 18 outras e xa en 2015 aseguraban que eran 23 os xacementos os acollidos a este plan. Coma queira que for, dende as primeiras noticias, o castro de Torroso sempre aparecía incluído neste convenio a desenvolver entre as dúas administracións.

Esta noticia foi acollida con ledicia polos veciños de Mos e a sociedade en xeral, xa que que por fin se ía acometer a posta en valor do xacemento arqueolóxico máis importante do Concello e un dos máis representativos para entender os inicios da Idade do Ferro en Galicia.

Pero finalmente, este xacemento quedou fora de dito plan debido a que a titularidade dos terreos do castro segue estando en mans de particulares, sendo isto un condicionante negativo á hora de realizar calquera actuación. O Concello de Mos perdeu deste xeito a oportunidade de conservar e revalorizar o noso castro de referencia, truncando así os soños de moitos mosenses e galegos en xeral, amantes da arqueoloxía e da nosa identidade e singular historia.

Dende o ano 1990 hai un acordo plenario polo cal o Concello se comprometeu naquel momento á tramitar a adquisición dos terreos do castro. Cómpre que a actual corporación aposte decididamente  pola compra, permuta ou expropiación de tódalas parcelas nas que se asenta o xacemento e abandonemos dunha vez por todas a idea da cesión por ser esta última improbable, difícil, insegura para o futuro e sobre todo tamén inxusta para os actuais titulares.

Por outra banda, a área excavada do xacemento está sufrindo o deterioro causado pola vexetación e as raíces das árbores máis grandes están a causar o derrube das estructuras que no seu momento non foron convenientemente tapadas, trala denuncia que sufriu o arqueólogo que dirixiu as campañas de excavación xa hai 20 anos. Si, 20 anos dende a última intervención, 20 anos de promesas, 20 anos de desfeita dalgúns elementos que xa son irrecuperables.

Ao mesmo tempo, o estado actual do castro supón un perigo para os visitantes, que siguen acudindo frecuentemente ao castro porque a súa sona e importancia fai que constantemente sexa reseñado en numerosos estudos e publicacións de arqueoloxía. Recentemente comprobamos que estas visitas continúan sendo frecuentes polos propios vecinos e foráneos. Tamén puidemos comprobar que as cuadrículas de excavación , que teñen ás veces 2 metros de fondo, están totalmente ocultas entre os toxos e carecen dun balizamento que evite a posible caída dos visitantes.

Por último tamén é necesario informar debidamente aos propietarios das parcelas das obrigas que teñen á hora de realizar traballos de tala, desbroce ou paso de maquinaria pesada ás súas propiedades. E esta corporación ten a obriga cumprir e facer cumprir a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia a este respecto.

Non podemos deixar pasar outra oportunidade coma esta, na que a Deputación e Fomento van invertir máis de 6,5 millóns de euros. O Concello de Mos non pode permitirse quedar fora deste ou de futuros pláns. Incluso poñendo todo da nosa parte e sobre todo a alcaldesa-presidenta, co seu peso no partido que goberna actualmente a Xunta de Galicia e o Estado Español, pode e debe ter a vontade de axilizar a adquisición dos terreos e tratar de que o castro de Torroso volva a ser incluído no Plan da Deputación e Fomento, xa que este está sendo revisado e está pendente de asinarse un novo protocolo na mes xaneiro de 2017.

Por todo o anteriormente exposto, solicitamos a adopción dos seguintes acordos:

 

  • A adquisición progresiva de tódalas parcelas do Castro de Torroso, destinando para iso unha partida orzamentaria nos orzamentos de 2017 e anos vindeiros.
  • O control riguroso dos terreos para evitar posibles deterioros no xacemento e o compromiso decidido do Concello de informar aos propietarios  e facer cumprir a Lei de Patrimonio Histórico.
  • A petición urxente de axudas e compromiso da Xunta de Galicia para facerse coa titularidade dos terreos e tratar de incluir novamente o castro de Torroso no mencionado plan .

 

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.