Comunicado: Propostas aos Orzamemtos municipais 2017
Dende o grupo municipal GañaMos expresamos o noso desexo de votar a prol destos orzamentos e para elo agardamos que a sra. Arévalo teña a ben recoller as nosas recomendacións enfocadas a conseguir a rexeneración democrática da politica municipal. e así eliminar o principal escollo para que mellore a calidade de vida d@s mosenses.
A nosa principal recomendación para conseguir dita rexeneración democrática e reducir o excesivo gasto nos soldos da alcadesa e concelleiros do goberno ou mesmo o alto gasto en asistencia pola multiplicidade de comisións ou mesmo a convocatoria de comisións superfluas.
Facemos extensiva esta recomendación ao noso xuizo, excesivo gasto da plataforma propagandística artellada polo goberno municipal. Plataforma que consume os recursos económicos ao ter adicada unha persoa en exclusiva a esta labor que pouco o nada aporta a calidade de vida da veciñanza. Poñendo unha comparación esclarecedora, o gasto empregado en manter esta plataforma propagandística e superior que o empregado no importante Plan Cultural de Mos Unha proposta sensata ao respecto sería reducir ⅓ do gasto total adicado aos políticos.
Que gran avance hacia a rexeneración democrática conseguiriamos se ademais o importe aforrado nos recursos que consumen a clase politica fora revertido en partidas tan ridículas por raquíticas deste Orzamento como a de “Subvención a asociacións de veciños” cun importe de só 5.000€. Unhas entidades que cumpren un papel social fundamental é son uns pilares básicos do tecido asociativo mosense, e por contra asignanselle tal exigua cantidade de resursos, máxime comparado cos 70.000€ reservados para “libre disposición”. Título da partida que parece un mero eufemismo de reparto arbitrario.
Outra eiva na rexeneración democrática e a falta de tranparencia na concesión de axudas ou subvencións. As subvencións que concede o concello deben ser repartidas de maneira máis xusta, transparente e democrática posible, de xeito que a persoa ou entidade que reciba a subvención sepa que o que recibe é diñeiro de toda a veciñanza paga a través dos seus impostos. En ocasión da a fea impresión que as subvencións son concedidas pola gracia da alcaldesa de turno, como se fora diñeiro do seu peto, o que fomenta o clientelismo, un verdadeiro lastre para o desenvolvemento económico do noso país.
A nosa proposta para evitar esta redundante arbitrariedade na concesión de subvencións é moi simple, só é necesario aplicar as propias ordenanzas municipais de Mos con un pouco menos de laxitude. Publicando e publicitando as bases do procedemento de concesión e a relación de asignacións, velando así pola libre concurrencia das persoas ou entidades a optar en igualdade a ditas subvencións. Porque ademáis só así se acada a eficacia e eficiencia no investimento social.
Estamos seguros que a nosa preocupación polas veciñas e veciños máos desfavorecidos é compartida polo resto da corporación, por elo resultanos sorpresivo que nos orzamentos non se prime as politicas activas de busqueda de emprego, 15.000€ de recursos propios, e a inversión en gasto social que serva de rede de seguridad para as familias carentes de ingresos dignos.
Outro asunto que para algunhos non menor e que expoñems aquí a colación da súa partida presupostaria é a moi deficiente conexión a rede de datos nos edificios públicos de competencia municipal. Esto impide un rendimento normal do persoal do concello.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo municipal GañaMos expresa o seu desexo de apoiar os orzamentos municipais de 2017, unha ferramenta fundamental para mellorar a calidade de vida as e dos mosenses. Estamos seguros que a sra. Arévalo compartirá o noso afán pola rexeneración democrática a cal redunda sempre na mellor calidade de vida das e dos mosenses, convertir así o noso desexo nunha realidade e poder votar a prol dos novos Orzamentos Municipais
Mos a 24 de novembro do ano 2016