Comunicado: Continúa o despilfarro da sra. Arévalo

Posted on Actualizado enn

A Alcaldesa de Mos  ven de convocar un Pleno extraordinario  para o día  2 de decembro, 4 días despois de celebración do anterior e cun novo Pleno ordinario por diante para  decembro. Todo pola urxencia que ten por aprobar as modificación técnicas do PXOM  que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia.

Por desgraza, esta esixencias non melloran este desastroso Plan de Urbanismo do PP de Mos, xa que mantéñense as rúas estreitas, a mestura de solo industrial e residencial… Este Pleno supón un gasto extraordinario de 2.280 €, polo que resulta a todas luces incomprensible esta celebración específica, habendo 2 plenos ordinarios nestas datas.

Se ademais engadimos que no mes pasado  convocáronse 7 Comisións Informativas, varias delas repetidas na mesma área, nas que maioría dos casos non se toman decisións, e que causan un gasto promedio  de 500 €, resulta un total de 3.500 €. Todo iso acumula  un gasto de  5.780 €, aos que engadiríamos outros 2.280 € polo pleno extraordinario, en total 8.060 €. Tendo en conta que o Pleno extraordinario e as Comisións duran apenas 30 minutos, cada concelleiro asistente cobrará ¡máis de 100 € por hora!

A sra, Arévalo deixa ben claro por qué Non aceptou as nosas enmendas aos orzamento para rebaixar os gastos dos políticos e poder  aumentar a rídicula cantidade de 5.000 € destinada no 2017 para todas as Asociacións de veciños de Mos ou o exiguo esforzo económico do Plan de Emprego Municipal dotado con só 15.000 €.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.