Moción para a sinalización urxente e reforma da Avda. do Rebullón.
A Avda do Rebullón , que comunica a Rotonda de Puxeiros co Centro de Saúde de Mos está transitada por numerosos viandantes que a utilizan a diario para acudir ao Centro de Saúde, Centro Cultural “As Pedriñas” ou mesmo o Colexio Lar.
As beirarrúas de esta avenida non están sinalizadas, na práctica totalidade do traxecto, por pasos de peóns nas interseccións coas outras vías que saen de ela (Acceso Autovía, Eido de San Antonio, Acceso ao Polígono, entradas a fincas …) o que produce un gran risco de atropelo. Existen ademais numerosos desniveis nas beirarrúas o que para as persoas en xeral pero especialmente para as que ten mobilidade reducida engade unha enorme dificultade. No treito da ponte sobre a autovía as beirarrúas son moi estreitas e ten unha barandilla cun reborde cortante.
Resulta difícil de entender que se manteña neste estado esta vía dependente da Deputación cando esta institución ten no seu Decálogo no 1º punto de obras: “Priorizaranse as necesidades dos sectores máis vulnerabeis”. Polo que debe ser prioritaria á adecuación de esta vía para os peóns.
Numerosos veciñ@s presentan queixas continuas por esta inseguridade manifesta neste víal para os peóns e mesmo está a crear alarma social crecente.
POLO ANTERIORMENTE EXPOSTO PROPOMOS PARA O SEU DEBATE E APROBACION NO PRÓXIMO PLENO O SEGUINTE ACORDO SOBRE A AVDA DO REBULLÓN:
O Concello de Mos realizará as Xestión Urxentes ante a Deputación e se fora preciso ante Fomento para:
- Que se realice de forma inmediata a sinalización de pasos de peóns nos cruces con outras vías e accesos colíndantes.
- Que se realice un proxecto a corto prazo que resolva as graves deficiencias de esta rúa e permita a accesibilidade e seguridade dos viandantes incluído os de mobilidade reducida.