Moción para mellorar a calidade do gasto público do Concello de Mos dotando os procedementos de maior transparencia e revertir así a ineficiencia económica.
Dicir que os procedementos negociados de contratación sen publicidade son a alfombra onde se agocha o despilfarro e a corrupción, non é un desvarío noso. Os órganos da Unión Europea levan tempo esixindo ao Goberno de España que remate con esta práctica. De feito o propio Goberno está preparando un proxecto de lei ao respecto. Pero é que ademáis estes procedementos opacos, onde, en contra do disposto na normativa vixente, non se negocian as ofertas nin se levan a cabo as actas de negociación, impiden a libre concurrencia, o que conleva un gran deterioro da eficiencia, transparencia e calidade do gasto público.
Calquera gobernante responsable debería primar a eficiencia, transparencia e calidade do gasto público, máxime nunha administración tan endebedada coma o Concello de Mos
POR TODO O ANTERIOR PROPOMOS A SEGUINTE ACORDO PLENARIO
O Concello de Mos:
1) Non utilizará os procedementos de contratación sen publicidade, nin os contratos menores para obras por importe superior a 18.000 €, quedando reservados só para cuestións de urxencia coma unha emerxencia que afecte á seguridade cidadán.
2) Rematará coas adxudicacións directas redundantes facendo un contrato marco anual que englobe os materiais, as obras ou os servizos que reiteradamente se contratan e adxudicalo mediante concurso aberto.
Mos a 10 de novembro do 2016