Comunicado: As algaradas da sra. Arévalo

Posted on Actualizado enn

 

Estamos fartas e cansas, pero sobre todo moi preocupados polas continuas batallitas  partidistas que monta a sra. Arévalo na Deputación de Pontevedra e agora na recén creada Área Metropolitana de Vigo.

Onte, venres, a sra. Arévalo colocou de xeito unilateral unha pancarta na Casa do Concello «os de Mos non somos menos que os de Vigo , área metropolitana sí ! pero no así!”. Unha algarada máis na guerra particular e partidista, unha algarada máis na que se fai rehén as veciñas/os de Mos, unha algarada máis sufragada co diñeiro das veciñas e veciños.

No acto de constitución da área metropolitana fomos testigos das triquiñuelas e a pantomima orquestada polo PP da comarca para sabotear a creación da área metropolitana. Nos parece unha irresponsabilidade do equipo de goberno de Mos que esta utilizando o concello para facer súa campaña política esquecendo velar polo interese xeral. Xa no seu día Mos quedou fora da mancomunidade da comarca, xérmolo da Área Metropolitana, polas veleidades do antecesor popular da sra. Arévalo, a cal parece obcecada en repetir o mesmo erro.

Nós defendemos a Área Metropolitana entendendoa coma unha ferramenta para prestar máis servizos públicos de calidade cun custes máis reducidos ao ser mancomunados. E rechazamos a visión do PP, que ve a área como unha piñata máis que expoliar e privatizar. A propia xunta quen aprobou a modificación da ley  da área non adica un só Euro dos presuposto do 2017.
Agardamos que a sra. Arévalo se serene e recapacite, que retire esta pancarta que só sembra discordia.

Nós seguiremos defendendo o interese dos mosenses traballando dentro da Área Metropolitana.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.