Comunicado: Contestación á sra. Arévalo en referencia ao aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón.

Posted on Actualizado enn

Documentos de referencia:

– Acordo plenario do Concello de Mos

– Proposición presentada por En Marea no Parlamento

 

Non alcanzamos a entender por qué a sra. Arévalo se revolve contra a nosa proposta de aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de cubrir as carencias en atención sociosanitaria de Mos, cando ela mesma e o seu grupo apoiaron na sesión plenaria de xullo 2016 a nosa iniciativa.

Non entendemos porque obstaculiza agora as nosas xestións para elevar esta proposta ao parlamento galego cando ela non realizou aparentemente ningún esforzo para levar a cabo este convenio coa Xunta e así poder atender as necesidades dos nosos maiores.

A proposición presentada por En Marea na Comisión 5ª do Parlamento transcribe case literalmente o texto aprobado por unanimidade plenaria.

Se a sra. Arévalo quere agora mudar o texto de dita proposición, estamos á súa disposición.

Incluso se quere que a retiremos porque ela se compromete de verdade a impulsala, estamos á súa disposición.

Nós, lonxe da loita partidista, estamos ao servizo da veciñanza de Mos.

[Facilitaremos a sra. Arévalo unha copia da proposición presentada para que poida falar sen estar indocumentada]

Non imos ocultar que nos sorprendou moito que as acusacións vertidas pola sra. Arévalo contra GañaMos. Nós en ningún momento falamos de cambio de titularidade das instalacións, nin de que o proxecto se realizara con fondos propios do Concello nin siquera de cántos pabellóns ou anexos serian os adecuados. De feito deixamos patente que a nosa primeira opción sería que se desenvolvera un Centro de día ou xeriátrico de ámbito comarcal non só municipal.

Certo que falamos dun convenio de cesión ou modificación de uso porque é un requisito imprescindible para calquera actuación que se queira acometer, obviamente conlevaria un estudo socioeconómico previo e un acordo fianceiro satisfatorio para Mos.

Un exemplo de aproveitamento parcial destas instalacións é o de Cogami. A Xunta de Galicia fixolle a esta asociación unha cesión de uso por 20 anos e o Ministerio sufragou as obras de acondicionamento dos edificios cedidos.

Un proxecto como o que nos propemos  saldría bastante menos costoso que o convenio do Concello de Mos coa diócesis de Tui onde Arevalo leva enterrados máis de medio millón de euros na casa recntoral, propiedade da diocese, sen que a día de hoxe serva para dar servizo a gran demanda de atención sociosanitaria que existe neste concello

Pedimos desculpas se nalgún momento utilizamos térmos que inducisen a certa confusión.

Pregamos que o protagonismo non recaia sobre o que dixo ou deixou de dicir GañaMos senón sobre toda a xente maior que ten desatendidas as súas necesidades vitais e as súas familias.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.