O PXOM da sra. Arévalo
Vídeo Posted on Actualizado enn
O pasado mércores entre fanfarria e boato Arévalo e Feijóo celebraron a aprobación do seu PXOM.
O grupo municipal GañaMos non asistiu a este acto propagandístico como tampouco participamos no pleno extraordinario do 2 de decembro, xa que entendemos que Mos non ten nada que celebrar co PXOM de Arévalo posto que non resolve os problemas estructurais do noso Concello.
Esta é a cara real do PXOM de Mos unha vez apartamos o confetti da sra. Arévalo:
Falta de previsión de redes de públicas de servizos urbanísticos completos, como redes de saneamento, abastecemento e infraestructuras.
Non se prevé o modo de conectar as infraestructuras xa existentes cas novas que se prevén.
Deficiente delimitación dos Nucleos Rurais de modo que o parcelario que se proxecta non se corresponde co real.
Exceso de creación de suelo industrial e comercial, que non ten xustificación ca demanda real do mercado, e que asoballarían os núcleos rurais e as zonas residenciales, onde vive a maioría dos veciños de Mos.
Mistura desordeada de solo residencial, industrial e terciario que poría en perigo a pacífica convivencia das veciñas/os, o que inevitablemente lles ocasionaría as molestias derivadas da actividade industrial e do constante paso do transporte pesado de camións.
Esta ordenación deficiente ten as súas consecuencias para a calidade de vida das e dos mosenses.
Levamos tempo advirtindo, como este PXOM converte as zonas urbanas de Puxeiros-Portela e Monte-Sanguiñeda, así como algúns nucleos rurais (por exemplo, o de Regenjo na parroquia de Petelos), en auténticos polígonos industriais.
Os barrios urbanos residenciais de Puxeiros-Portela pasarán a estar rodeados e estrangulados por unha xigantesca zona de solo urbano industrial. Se ven inicialmente este solo estaba previsto que se calificase como urbano terciario, é dicir, se destinase a implantación de naves comerciais ou de almacenamento, actualmente con esta nova clasificación calquera tipo de actividade industrial (incluso ás denominadas perigosas) se poderá instalar nestas zonas urbanas.
A aberración chega ó punto de calificar como solo urbano industrial os terreos situados en fronte do Centro de Saude e do Hospital Psiquiátrico do Rebullón.
Deste xeito o trafico pesado está garantido, os camións pasarán de maneira continua, a todas horas do día, o carón das vivendas dos veciños, cos problemas de ruido, trafico e contaminación que isto conleva.
O mesmo sucede cos terreos situados detrás da discoteca Queen e do establecemento Deportes González en Saguiñeda. Estas zonas se convertirán en inmensas áreas de suelo industrial que perxudicarán a vida diaria das veciñas/os destas zonas como consecuencia do ruido e a contaminación da actividade industrial, así como pola inseguridade vial provocada polo continuo tránsito de tráfico pesado polo medio das zonas urbanas residenciais, xa que non está previsto a evacuación deste tráfico por vías alternativas con conexións a viais de alta capacidade.
Non máis reclasificación de solos como industriais namentras teñamos un polígono industrial como o da Veigadaña que se atopa prácticamente baleiro.
Mentres no Porriño desviaron o tramo do camiño para evitar o seu paso polo polígono industrial. O PXOM arevaliano afasta aos peregrinos do trazado orixinal para facelos pasar polo polígono da Veigadaña.
Por iso, decimos NON a este PXOM especulativo