Melloras propostas para incluir no Plan Concellos 2017

Posted on Actualizado enn

Solicitamos ao Goberno de Mos ao abeiro da convocatoria  DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2017 da Deputación de Pontevedra se teña a ben incluir neste plan as seguintes melloras que consideramos de moita importancia:

XUSTIFICACIÓN:

Contratación de persoal:

Servizos socias: Existen unhas necesidade de atender ás persoas máis desfavorecidas en diferentes ámbitos da súa vida, que se ben son atendidas polo actual persoal con esmero; a limitación actual  dos recursos humanos non permite actuacións que poidan melloorar  a resolución máis completa dos problemas de aí a necesidade de contratar unha Educadora Social.

 Ximnasio Municipal: A realización de actividade Física np Ximnasio Municipal realízase polos usuarios sen orientación práctica e supervisión profesional polo que se presta a que sucedan accjdentes, lesións e produza un  desenvolvemento corporal  incorrecto das persoas polo que se precisa a presencia dun profesiona exeperto en Educación Física que permita que o exercicio físico  se realice con garantía de saúde e rendimento por parte do usuario.

Contratación de  Obras:

Camiño de Covelo /San Eleuterio (Tameiga):  A beirarrúa remata no medio da curva e obriga aos  peóns a invadir a estrada pola que circulan os vehículos, xusto despois dun tramo curvo moi pronunciado. O perigo para a seguridade vial se incrementa ao estreitarse a estrada xusto no medio deste tramo curvo, co imprevisto que supón para os condutores que non coñecen o lugar. Este é un lugar moi transitado xa que é a estrada principal que comunica a parroquia de Tameiga coa de Pereiras, e no seu entorno, están a  Urbanización san Eleuterio , Campo de fútbol do Louro e a ludoteca do Cototorrón.

O Camiño Eido de  San Antonio. ( Tameiga enfrete do Colexio Lar): Presenta unhas grandes dificultades para a circulación rodada e tamén para os peóns  pola escasa anchura, feito que se agrava no traxecto a continuación de Colexio;  esta deficiencia ten especial relevancia pola elevada utilización que de el fan os clientes do Colexio, o que provoca retencións severas e mesmo risco de accidentes tanto para coches como para viandantes; este trastorno sófreno , de forma maís grave, se cabe,  os habitantes das vivendas, xa que, en horas punta, ven imposibilitado o acceso.

Avda Puxeiros.-Dende o seu comezo na A55 até o cruce coa rúa Ludeiro en Tameiga está moi desorganizados os aparcadoiros polo que aparcan gabarras, camións etc de forma irregular  pola carencia ou deterioro da sinalización o que leva a dificultade e risco para os peóns e  escaso aproveitamento do extenso espazo público que nesta zona existe.

Frente á Biblioteca Pública e Escola Infantil:-Existe un  espazo que corresponde a unha bardeira de terra e maleza así como un espazo superior limitrofe coa estrada que vai ao Camiño do Porto. O espazo superior está suxeto de forma irregular por esta bardeira e nel aparcan todo tipo de vehículos co risco de accidente pola deficiente suxeción e  sinalizacióno. Non queda espazo de paso seguro para os peóns por non existir sinalización. Cabe considerara que actualmente neste entorno existe gran movementoe de vehiculos que usa a xente  para acudir, nos horarios de apertura, ao ciber e biblioteca, e local da Asociación de Veciñ@s.

POLO TANTO ESTE GRUPO PROPÓN QUE SE INCLUAN NO PLAN CONCELLOS REFERIDO AS SEGUINTES MELLORAS PARA O CONCELLO DE MOS:

PERSOAL:

  • Contratar unha Educadora Social para Servizos Sociais.
  • Contrata Un Experto en Educación Física preferentemente Licenciado/diplomado  e con Experiencia para o Ximnasio Municipal como mínimo en  horarios de máxima asistenca e incluír sábados.

OBRAS:

CAMIÑO DE COVELO:

Rematar as obras e se constrúa o tramo de muro de contención que falta, dar continuidade a beirarrúa, no vial que enlaza o vial de servizo da autovía A-55 coa Urbanización de San Eleuterio,

CAMIÑO DE EIDO DE SAN ANTONIO:

Adecuación ancheando o camiño  para rematar cos graves problemas que o estado actual ocasiona.

AVDA DE PUXEIROS:

Realizar un Plan de Humanización  que mellore  considerábelmente  o aproveitamento de ésta área incluido espazos colindantes,

ESPAZO DIANTE BIBLIOTECA E ESCOLA INFANTIL:

Acondicionar e  reforzar a bardeira para ofrecer un espazo estético, máis amplo e seguro para a estrada superior a aparcadoiro, beirarrúa para os transeuntes con varanda de seguridade. Que tanto diante da biblioteca como na zona superior se acondionen aparcadoiros exclusivamente para bicis, motos e turismos durante os horarios de apertura dos centros de mencionados, prohindo vehiculos pesados, autobuses etc…

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.