Moción para posicionar ao Concello de Mos en contra da precariedade laboral

Posted on Actualizado enn

precariedadlaboralmedicos

«O tipo de emprego que se deriva da reforma laboral é un modelo fracasado. Temos unha precariedade elevadísima, non somos capaces de xerar emprego de calidade. Isto é unha gran lacra, sobre todo para á empresa» así expresouse o novo presidente dos empresarios gallegos, Antón Arias, fai uns días.

Toda a sociedade ten claro que a xa elevadisima pero ademáis crecente precariedade laboral é a principal causa da anémia económica que sufrimos. Só podremos revertir esta dramática situación aumentado o consumo interno e para isto é imprescindible xerar emprego de calidade.

Uno de cada catro contratos formalizados o ano pasadao durou menos dunha semana e en moitos casos apenas unhas horas. Esto é unha tendencia ao alza desde la entrada en vigor da última reforma laboral cun incremento do 68% nos derradeiros anos. A figura do traballador pobre gana enteros, no 2015 case 6 millóns de traballadores con alcanzaron os 10.000€ anuais. A precariedade non só son porcentaxes e numeros, a maioría dos traballadores vense forzados a soportar condicións laborais draconianas moi por debaixo dos convenios asinados co grave perxuizo fisico e mental que isto conleva.

Esta situación agravada polos recortes sociais empurra a unha parte importante da sociedade polo tobogán da exclusión social.

Por todo isto, solicitamos á corporación mosense que se posicione en contra da precariedade laboral facendo un chamamento aos organismos públicos e aos axentes sociais para que empeñen os seus esforzos en reducila fomentando non só novas contratacións senón que ademais estas sexan estables e cunha condicións dignas que permitan prosperar a cidadanía.

Tamén solicitamos ao goberno de Mos que este vixiante para que as súas contratacións de persoal non incurran en condicións precarias para as traballadoras e traballadores.
Mos, 15 de febreiro do 2017

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.