Moción para promover a economía de proximidade mediante a creación dun mercado veciñal de horta.

Posted on Actualizado enn

Visita ao Mercado de verduras e froitas de Bergondo onde nos atendeu a alcaldesa de dito concello
 

Beneficios para a comunidade:

Baseamonos en experiencias previas coma a dos mercados veciñais de verduras e froitas de outras vilas onde a veciñanza pon a venta os seus excedentes de froita e verdura de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademais de fortalecer as relacións entre as veciñas e veciños tamén favorece unha alimentación máis sana baseada nunha agricultura máis ecolóxica. Podese incluir tamén unha sección de floristería doméstica e así ampliar a gama de produtos do mercado.

Mínima infraestructura necesaria:

As instalacións e dotamento necesarias para cobixar e organizar este mercado son mínimas, só é necesaria unha explanada (mesmo un aparcamento) e unhas mesas para os postos. A exígua infraestructura necesaria permite tamén que a feria sexa itinerante podendo rotar por distintas parroquias. Se a iniciativa prospéra e medra, a súa actividade sempre poderiase buscar un lugar cuberto para os meses no que o tempo non acompaña e que o seu funcionamento non se vexa interrumpido.

Participación veciñal:

Podese extender a participación convidando a asociacións municipais á venta por exemplo de enseres, xoguetes,… de segunda mán e así conseguir fondos para desenvolver as súas actividades. A condición básica para promover esta economía doméstica e de proximidade é que gran parte das vendedoras sexan veciñas que oferten os excedentes dos seus propios cultivos.

Regulamento:

O Concello redactará un regulamento de boas practicas que será asinado e polo tanto de obrigado cumprimento polas participantes. Adxuntamos un modelo de regulamento confeccionado tendo en conta precedentes xa implantados noutros Concellos de Galicia.

Entendemos que este proxecto ten que autofinanciarse cos canóns por posto que paguen cada participante pero recomendamos que para promocionar a iniciativa  e fomentar a participación sexa gratuito os primeiros meses.

Resolución:

Por todo o anteriormente exposto instamos a corporación do  Concello de Mos a emprender a creación dun mercado das características detalladas e promover todas as mediadas posibles para que este proxecto sexa exitoso.

Mos, a 10 de marzo de 2017

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios .