Conmemoración do 8 de Marzo, Día internacional da muller traballadora

Posted on Actualizado enn

O 8 de de Marzo é unha xornada reivindicativa e de loita para esixir plena igualdade de dereitos. Unha data con contido de clase pois son as mulleres traballadoras as que sofren no ámbito laboral, familiar, social a explotación e discriminación do capitalismo.

As mulleres traballadoras perciben 25% menos de salario que os homes por facer o mesmo traballo. As mulleres traballadoras padecen dunha maneira máis clara a precariedade laboral, o desemprego, a pobreza e a exclusión social. Son as mulleres traballadoras as que tenhen sido máis golpeadas pola crise estrutural do capitalismo, polas contínuas reformas laborais prom
ovida polo PSOE e o PP.

O feminicidio e a violencia estrutural do terrorismo machista continua a ser unha lacra que lonxe de diminuír aumenta pola falta de medidas concretas no ámbito laboral, educativo, cultural, social e político, e que golpea básicamente as mulleres traballadoras.

Os direitos sexuais e reprodutivos como o aborto libre e gratuíto, a información sexual nos centros educativos, as revisons xinecológicas anuais na rede sanitária pública, o aceso gratuíto da xuventude aos métodos anticonceptivos, etc non están garantizados baixo o sistema actual.

O mesmo ocorre ca erradicación da linguaxe machista nos ámbitos públicos, nomeadamente nos medios de comunicación e no sistema educativo.

Corresponde pois as mulleres traballadoras tomar as rúas, mobilizarse, plantarlle cara ao machismo e o patriarcado.

Viva as mulleres traballadoras!
Viva a igualdade!
Viva o feminismo!

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.