Unha aberración visible para todos menos para un goberno municipal
Esta construcción é un dos maiores despropósitos urbanísticos de Mos. Unha aberración visible para todos menos para un goberno municipal do PP que prefería mirar para outro lado, pero grazas as nosas reiteradas denuncias obrigamos ao Concello a actuar abrindo expediente.

A licenza ca que contaba era do ano 2009, e ante as nosas reiteracións, conseguiuse que se incoara un expediente de caducidade. Ante un posible incumprimento das condicions constructivas recollidas naquela licenza, chegamos ata ofrecer sufragar nos mesmos unha medición da construcción, dada a deixación de funcions por parte da responsable da concellería de urbanismo.
Por fin, o Concello, dado o escandaloso do asunto e as reiteradas demandas de GAÑAMOS, decidiu encargar unha medición, e a partires desta o técnico municipal redactou o correspondente informe.
Segundo as comprobacións reflexadas naquel informe técnico municipal, todo parece indicar que tiñamos razón. A construcción presuntamente incumple tanto o retranqueo a vía pública, como a altura. Segundo este informe incumpliría, incluso, a ocupación resultante da edificación, superior ao que marcaría a normativa.
Non entendemos o motivo polo cal o goberno municipal estivo demorando o proceso de apertura de expediente de caducidade la licenza e o expediente de reposición da legalidade. O que sí é certo é que o novo PXOM da sra. Arévalo fai un traxe a medida para esta nave, co que, en principio, as obras actuales poderían ser legalizadas. !!!Sen rubor algún, a propia Concelleira de Urbanismo recoñece este feito!!!.
Seguiremos insististindo ao goberno municipal para que se leven a diante as comprobacións oportunas, de se dita nave se axusta a legalidade, e se tomen a medidas disciplinarias en relación aos incumplimentos nos que puideran incurrir os responsables desta obra. O goberno municipal vainos atopar enfrente cada vez que non cumpla ca súa obriga, e máis cando se perxudica o interese xeral. E por suposto, os funcionarios que se atrevan a facer correctamente o seu traballo nos atoparán ao seu carón e contarán co noso apoio.
Se seguimos con este Todo Vale urbanístico, remataremos destrozando a nosa vila en perxuizo d@s propi@s veciñ@s