A Casa Rectoral, un luxo da sra. Arévalo

Posted on Actualizado enn

Todas estamos dacordo en qué é un clamor social a carencia dun centro adecuado para ofrecer uns servizos públicos que atendan as necesidades dos nosos maiores. Tamén é de xustiza atender a demanda da parroquia de Petelos para adecentar este  edificio histórico. Pero a necesidade de enterrar unha morea de cartos arranxando unha casa sin ser propiedade pública só existe na imaxinación dun goberno irresponsable.

    Foto aérea onde pode observarse toda a lonxitude do muro perimetral

Pronto levaremos máis dun millón de euros dilapidados na Casa Rectoral de Petelos a cambio só de poder usar uns anos dita casa porque esta segue sendo propiedade do Obispado de Tui. Non só non é propiedade das veciñas e veciños de Mos senón que ademáis na derradeira modificación do convenio se introduce unha servidumbre otorgandolle a dito propietario o dereito de admisión, deixando así de ser de libre acceso o inmoble.

O despilfarro chega a ser de tal envergadura que no último pleno o PP mosense aprobou en solitario destinar fondos públicos para arranxar o muro perimetral da Casa Rectoral, o cal polas súas dimensións necesitará que o goberno municipal baleire de novo o peto público. Por desgraza, no novo convenio aprobado no derradeiro pleno non figura nin a máis mínima estimación de gasto.

Foto da fachada principal da casa rectoral de Petelos

No pleno de febreiro, tivemos que escoitar atónitas como este goberno irresponsable cando sinte que a veciñanza desaproba a sua xestión, agochase detrás dos técnicos municipais ou escudase culpando a Xunta como si a inversión fora unha decisión unilateral desta. Como si a Xunta, Deputación ou Ministerios invertiran de xeito caprichoso e non según as indicacións do goberno local.

O máis lamentable é que finalmente, despois de todo este despropósito, nos atopamos cunha casa chea de deficiencias moi lonxe de ser idónea para un Centro de día e cunha capacidade moi escasa para atender á gran demanda.  Apenas atende a 10 persoas maiores e só 2 días a semana.

A mesma sra. Arévalo recoñeceu en sesión plenaria o raquítico servizo que presta o centro pero ao mesmo tempo deixou  claro que lonxe de enmendar a situación, empecinase neste frustado proxecto desbotando calquer outra posible ubicación como as instalacións do antigo Hospital psiquiátrico do Rebullón.

 

Albúm fotográfico deficiencias das obras de rehabilitación (fotos do 2016)

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.