Xornada de traballo coa Senadora Vanesa Angustias de En Marea en Mos
Visitounos a Senadora Vanesa Angustias de En Marea, convidada por nós para recabar necesidades as urxentes da nosa vila para que están sexan incluidas nos orzamentos estatais deste ano 2017.

O problema do cruce da saida da AP-9 leva moito tempo sen que ninguen se implique en resolvelo, por iso nós presentamos o ano pasado unha moción ao pleno de Mos solicitando que se instara a Fomento a adecuar este cruce.
Como esta moción foi aprobada por unanimidade, nós agardabamos que a sra. Arévalo fora entón a encargada de xestionar esta demanda coa demarcación do Ministerio. Pero no pasado pleno preguntamoslle polas xestións realizadas e respondeunos que non ian facer nada,só agardar a que o Ministerio tivese a ben facelo.
Cando nós denunciamos esta pasividade o PP mosense reaccionou cunha sarta de ataques contra nós e con argumentos tan absurdos como que a cousa non ía con eles e que eso era problema do alcalde de Vigo. Ante a incapacidade da sra. Arevalo de xestionar este asunto recurrimos as nosas representantes de En Marea en Madrid. Por iso, presentaremos unha enmenda aos orzamentos do estado de 2017 para que estos recollan a financiación adecuada para o Ministerio de Fomento adecue este curce a maior brevedade. Máis cando o ministerio xa ten expropiados os terreos adecuados.