Petición de dimisión á concelleira de urbanismo.

Posted on Actualizado enn

No pleno de Mos deste mércores 29, o grupo municipal GañaMos, por medio do seu portavoz Francisco Troitiño, solicitou a dimisión da concelleira de urbanismo Julia Loureiro. No Servizo de Urbanismo do que é responsábel dita concelleira acumulanse as iregularidades: as demoras inxustificadas na apertura de expedientes e en moitos casos a paralización arbitraria de ditos expedientes que quedan sen a debida aplicación da sanción correspondente.
A policia local, as ordenes do goberno municipal, non realiza a súa labor de inspección e vixiancia da legalidade urbanistica.

Fachada posterior da nave Redphone

Algúns exemplos que evidencian a neglixencia que denunciamos:
➖Camiño Carballo do Can
GañaMos tivo que denunciar unha rampla recén feita que invade a vía pública e dificulta seriamente a circulación no Camiño Carballo do Can cando esta rúa está moi preto das oficinas da policía.
➖Aparcadoiro ilegal de Gabarras
Na resolución da Xunta de Goberno 9/2/2017 no expediente iniciado pola nosa denuncia 2016/779 sobre un aparcadoiro de Gabarras ubicado nunha zona rural que ocasionaba risco serio de accidentes quedaou declarado ilegal polo Goberno e coa orde de paralización de actividade co mandato expreso para que «A policía local ten a labor cotián de inspección da actividade” Ante a continuidade da actividade non se realizou ningunha actuación nin sanción até ser reclamada de novo por GañaMos o día 10/3/2107.
➖Nave REDPHON
Dende setembro de 2015 reclamou GañaMos a comprobación dunha ilegalidade evidente e a conseguinte paralización da obra. A concelleira de Urbanismo demorou maís dun ano a medición, unha vez feita se comprobou que según esta efectivamente non se adecuaba a legalidade xa que ten exceso de altura, exceso de ocupación e ata un retranqueo inferior ao legal. Co informe da medición e coas evidencias da ilegalidade na mán volveron a demorar meses a apertura do expediente de reposición da legalidade. Mentras tanto a obra foi avanzando até estar a punto de rematar e pretenden legalizala, según as declaracións da concelleira, coa aprobación do PXOM que contempla maior edificabilidade. Todo isto reflexa unha connivencia cos promotores para infrinxir a lexislación vixente.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.