A cara real da xestión económica dun goberno irresponsable
Agradecemoslle á sra. Arévalo que comece a falar do «caixón» cheo de «facturas sen recoñecer» que hai no Concello de Mos. Agora só fai falta que empece a falar do que abulta o seu, porque pouco nos importa que houbera 3 millóns no «caixón» do goberno predecesor. O que nos importa é o aquí e agora. O que importa son os millóns de euros en facturas sen recoñecer que se agochan neste momento. Moito nos tememos que ese «caixón» non só agocha millóns en facturas sen recoñecer, ademáis esconde a verdadeira xestión económica da sra. Arévalo, oculta un desastre de graves repercusiones para a vida das e dos mosenses.
Se o que esconde ese caixón saíra á luz o Concello de Mos estaria oficialmente na bancarrota, só cunha pequena parte do que supoñemos que hai o Concello de Mos sería intervido inmediatamente polo Estado.
Pero a sra. Arévalo en vez de recoñecer e enmendar a súa nefasta xestión económica, fuxe para diante alardeando de que vai devolver débeda en só 5 anos. Na economía os faroles saen caros e esta irresponsabilidade a pagaMos.
Pero ademáis se observamos as contas contantes e sonantes.
➖Ingreso anual efectivo: 9,4 millóns de euros
➖Gasto anual efectivo: 9,5 millóns de euros ➕ 1,1 millóns de euros en Facturas recoñecidas Sen Pagar.
Esta é a xestión económica da sra. Arevalo e o demais é o Conto Da Leiteira feito con futuribles. Cobros futuros, sendo moitos deles de improbable éxito pero non queren pasalos a conta de provisións por dereitos de dudoso cobro ainda a sabendas da súa incobrabilidade manifesta e da incapacidade sistematica para recabar a totalidade dos dereitos recoñecidos. Isto afecta estructuralmente en varios puntos á recadación municipal. Con isto enche a sra. Arévalo ese globo que ela chama superávit.

O estado de contas do noso concello é penoso. A situación actual ten o agravante de que a xestión da sra. Arévalo estivo fornecida pola lei 42/2015 feita a medida para os concellos morosos xa que esta rebaixaba o prazo para a prescripción de facturas de 15 a só 5 anos. Cousa que aproveitaron moitos concellos para sanear as súas contas a costa de miles de pequenas empresas e autónomos que se quedaron sen cobrar. Tamén disimulou a altisima morosidade dos concellos o Real Decreto-ley 8/2011, de 1 de julio, polo que se habilita a posta en marcha dunha líña de crédito do ICO, dotada con 3.400 millones de euros.
Todo isto faría aque calquera politico falará con máis humildade da súa xestión económica pero a sra. Arévalo fuxe para diante alardeando dun superavit que rezuma maquillaxe.