Beirarrúas nos viais de servizo da A-55, unha demanda da veciñanza de Petelos
Una das demandas que nos comunicou a Asociación de veciños de Petelos cando nos reunimos con representantes da xunta directiva de dita asociación veciñal, foi a falta de beirarrúas nos carriles de servizo da autovía A-55 ao seu paso por esta parroquia. Recorrimos varios tramos de ditos viales e comprobamos que certamente resulta moi perigoso para os peóns transitar por estos viales máxime cando moitos vehiculos circulan a alta velocidade nas saidas e entradas da autovía, sendo o vial de servizo de acceso ao propia Casa do Concello un dos máis perigoso e carente de beirarrúas. Comprobamos tamén que na maioría dos viais hai sobreancho suficiente para dotalos das beirarrúas demandas.
Rexistramos un prego solicitando ao goberno municipal a solucionar esto, ben polos seus medios ou ben instando ao organismo competente.