Señores do PP: Non Todos Somos Iguais.
Hai aproximadamente dous anos cando entre todos e todas decidimos que era necesario formar GañaMos, xa tiñamos claro ao que nos expoñíamos ao participar activamente en política. Coñecíamos de antemán as artimañas do PP.
Este comunicado ten o propósito de deixar moi claro que eles e nós NON SOMOS IGUAIS.
Dende que o PP mosense decatouse de que GañaMos era o seu rival político, os membros da nosa alternativa veciñal vimos sufrindo unha campaña de difamación que foi crecendo segundo nos íamos organizando, aprendendo e, consecuentemente, facendo unha mellor labor de control ao goberno municipal.
A máquina difamatoria posta en marcha por Nidia Arévalo e os seus acólitos non ten reparos en emporcallar a vida privada dos nosos concelleiros e simpatizantes máis activos. Tódolos días nos disparan con insultos, estendendo rumores moi graves nas redes sociais ou no boca a boca. Nas redes sociais non só permiten este tipo de vexacións senón que as consenten e mesmo as alentan no seu muro.
Nós apeámonos desa viaxe ao país da inmundicia no que esta inmerso o PP mosense, negámonos a utilizar os mesmos métodos ca eles e nunca entraremos a difamar sobre as vidas particulares e privadas dos/as concelleiro/as ou militantes do PP mosense.
Por tanto, quedan vostedes sos, señores e señoras do PP.
Poden seguir enlamando o que queiran porque non van a facernos desistir da nosa meta, do noso obxetivo de mudar e rexenerar a vida política de Mos tan degradada polo Partido Popular.