O Goberno galego do PP dixo NON a atender as necesidades dos nosos maiores.

Posted on Actualizado enn

O pasado xoves 27, o grupo parlamentar En Marea a través da deputada e vicepresidenta do parlamento Eva Solla expuxo na Comisión 5ª do Parlamento Galego a proposición sobre o aproveitamento de parte das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón para atender as necesidades sociosanitarias da comarca.

Unha proposta que conta co respaldo de case todos os concellos da área, xa que Vigo, Redondela, Cangas, Porriño, Tui, Gondomar, Mondaríz e Salceda de Caselas aprobaron sen ningunha oposición nos seus respectivos plenos a mesma moción que a iniciativa nosa aprobouse en Mos o ano pasado e que como anunciamos a principios de ano foi presentada por En Marea no Parlamento Galego. .

Visita ás instalacións do Rebullón coas deputadas Eva Solla e Paula Quinteiro

Inda que contou co apoio de Psoe e Bng, foi tumbada polo Partido Popular quen demostra así que goberna de costas as peticións e necesidades da poboación da nosa área, incluso cando esas peticións estan avaladas polas súas propias agrupacións locais. O Goberno galego do PP dixo NON a atender as necesidades dos nosos maiores, rexeitando incluso facer un simple estudo sobre as necesidades sociosanitarias da comarca. Moito nos tememos que estas instalacións xa teñen un destino e este non vai ser atender as necesidades dos nosos maiores nin tan sequera establecer servizos públicos comarcais.

Pronto veremos estas instalacións sendo o agasallo para algunha empresa privada afín.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.