Moción para solicitar a supresión da peaxe da AP-9 entre Vigo e Tui
É innegable que toda infraestructura por moi necesaria que sexa, ten efectos negativos para a vida dos veciños e veciñas colindantes ou desplazados pola construcción que se deben cuantificar e posteriormente eliminar ou alomenos minimizar. Optimizar os servizos e reducir os seus perxuizos é una responsabilidade ineludible das administraciáns.
O trazado da mal chamada autovía A-55 entre Porriño e Vigo supón un claro exemplo da mala xestión dos poderes públicos. Sendo un dos principais accesos a unha cidade de máis de 300 mil habitantes e ata hai pouco tempo, a saída de Galicia cara Portugal. Este trazado que na súa maior parte é un simple desdobramento do antigo trazado da N-120 leva máis de 25 anos encabezando as listas de siniestralidade das estradas do estado.

Convertiuse pronto nun punto negro que non deixa de cubrir titulares de prensa a cotío. Tódolos intentos de paliar a alta concentración de accidentes na A-55: mellora do asfaltado, reforzo da sinalización, limitación da velocidade ou o efecto intimidatorio dos diversos controles de velocidade por radar e mesmo as obras en curso de mellora da seguridade, todas, son actuacións que non melloran un sinuoso trazado que conta con moitisimas curvas pechadas dun radio impropio dun vial de alta capacidade.
Ademais esta estrada soporta unha alta densidade tanto de tráfico pesado polo desenvolvemento industrial do sur da provincia nas últimas décadas como tamén dos desplazamentos de turismos pola concentración de poboación na bisbarra.
Outro aspecto negativo da A-55 a ter moi en conta é que discurre por zonas residencias causando un alto perxuizo na calidade de vida dos veciños e veciñas de ditas zonas, xa que xera unha grande polución e unha altisima contaminación acústica.
Namentres a autovía A-55 soporta unha alta densidade de trafico paralela a ela discurre sen apenas trafico a autopista de peaxe AP-9 entre Vigo e Tui, existindo intercambiadores entre as dúas vías en Puxeiros-Mos, As Gándaras-Porriño e no seus remates de trazado en Tui.
O treito da AP-9 Vigo-Tui é a alternativa a autovía A-55, non é necesario seguir propoñendo mais trazados novos ou variantes con ou sen túnel, chega con dar un servizo libre de peaxe pola AP-9.
Por todo isto, solicitamos ao Concello de Mos que inste ao Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia a acometer as negociacións necesarias coa empresa concesionaria da AP-9 para acadar a gratuidade do treito Vigo-Tui.
.
.