Trás o fume da sra. Arévalo hai unha realidade ben distinta.

Posted on

A sra. Arévalo tildóunos de manipuladores por denunciar a demora na execución das obras de melloras na autovia A-55. Incluso presumiu que estas obras estaban moi adiantadas pero trás o fume da sra. Arévalo hai unha realidade ben distinta.

Unha realidade palpable e visible para calquera veciño/a que transite pola A-55 en Tameiga ou Petelos e o mesmo nos accesos da A-52 en Ameirolongo.

O Ministerio de Fomento consignou para a «Adecuación e mellora da seguridade víal da A-55 Vigo-Porriño» unhas partidas de 3.194.430 € para o ano 2016 e de 2.129.620 € para 2017.

É evidente que nin de lonxe se efectuarón obras por estos importes e menos ainda nas melloras que atañen ó noso concello. Nos terreos destinados ao novo acceso en San Eleuterio apenas deixaron a tarxeta de visita movendo terras un par de días cando a «execución iminente» desta rotonda foi proclamada pola sra. Arévalo a principios de 2015.

Igual sucede nas actuacións nos accesos da A-55 na parroquía de Petelos onde a parte de colocar sinais de obra e pintar de amarelo o asfalto pouco máis se coñece.

No caso das obras da «Pasarela peonil para o camiño portugués de Santiago» no pk306 da A-52 en Mos nin siquera hai movemento de terra visibles ou sinalización provisional.

Cando presentamos unha moción para mellorar a seguridade víal na intersección entre a autovía A-52 e a estrada N-550 a srá Arévalo vetouna anunciando a «inminente execución» de dita pasarela peonil. Certamente o Ministerio de Fomento tiña consignada unha partida de 200.00€ para executala no ano 2016 pero estamos a mediados do 2017 e parece que a sra. Arévalo agasallounos con outra ración de fume.

Unha trás outra os mosenses rematamos afumados da mala xestión do goberno local.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.