Solicitamos a alcadesa de Mos que asuma a coordinación comarcal para a recuperación do Rebullón.
MOCIÓN SOLICITANDO QUE ALCALDESA DE MOS COORDINE A ACCION MUNICIPAL COMARCAL A FIN DE CONQUERIR QUE A XUNTA DE GALICIA RECUPERE PARA SEVIZOS SOCIOSANITARIOS PÚBLICOS AS INSTALACIÓNS DO ANTIGO HOSPITAL DO REBULLÓN.
O edificio e entorno do Rebullón é un ben Público ubicado no Concello de Mos e xestionado pola Xunta de Galicia.
O deterioro do Edificio xa se observa e acrecentarase co paso do tempo se non se toman medidas de recuperación e uso activo de este importante recurso propiedade da Xunta de Galicia. O edificio Principal, dende o seu peche no 2016 , está baleiro en boa parte e usado moi parcialmente a almacenamento de mobiliario é como base da ambulancia medicalizada do 061.
Este edificio público, está nun entorno natural moi agradábel con numerosos espazos verdes , nun lugar tranquilo con amplo aparcadoiro, a carón da zona urbana de Puxeiros, fácil acceso para os veciñ@s da comarca polas seguintes características: ampla via diante, tránsito do transporte público con paradas Alto de Puxeiros, e na cercanía dos pasos e cruces das Autovías A55, AP9, AG57; todo esa excelente accesibilidade facilitará o servizo público que nel se instaure.
Existen carencias de servizos públicos sociosanitario na Comarca; e en Galicia 1.700 persoas agardan por unha praza nunha residencia para maiores: coa habilitacion de este edificio poden paliarse en parte as necesidade neste sentido e outros, tales como Centro de Día, Atención á muller etc etc
Neste momento está pendente de definir o destino de este edificio e tal como decía o director de saúde de Vigo F Rubila, hai una ano no seu peche sobre ese aspecto o “considero que é «a sociedade» quen debe decidir cal é destino..”
Consideramos qué é o momento de definir o destino e que os veciñ@s do noso Concello e comarca poden beneficiarse enormemente da implantación de servizos de atención pública sociosanitaria neste edificio e que a calquera demora na recuperación (actualmente máis dun ano) dificultará e encarecerá a adecuación.
Conscentes de esa necesidade e para evitar o deterioro de este edificio, numerosos concellos do sur da provincia que representan a 450 000 habitantes : Mos, Tui, Cangas, O Porriño, Vigo, Redondela, Gondomar, Salceda, Mondariz, Ponteareas e Baiona; nos que se apresentou unha moción consistente en Instar a Xunta de Galicia que en breve prazo leve a cabo a recuperación do antigo Hospital do Rebullón e organice a implantación de servizos sociosanitarios públicos como poden ser Residencia Xeriátrica, Centro de Dia etc que beneficien aos veciñ@s da comarca e de Galicia . Aprobaron, nos últimos meses, esta moción por unanimidade , agás Mondariz coa abstención dun grupo.
Paralelamente o día 27 de abril foi rexeitada pola maioría do Partido Popular unha proposición non de Lei na Comisión 5ª do Parlamento na que se instaba a Xunta a recuperación e posta en funcionamento de dito edificio.
A non recuperción de dito edificio para uns servizos públicos de carácter sociosanitario repercutirá moi negativamente na poboación de Mos e Comarca ademais da perda do patrimonio dentro do propio concello. Haberá que engadir ademais a perda dunha oportunidade de desenvolvemento economicoco na zona polo movemento que xeneraría no entorno.
Por estar dito edificio sito no Concello de Mos, polos os amplos beneficiios socioeconómicoas que repercutirían especialmente en Mos e por haber sido esta corporación pioneira na demanda da recuperación.
FACEMOS A SEGUINTE PROPOSTA PARA ACORDO NO PRÓXIMO PLENO:
- Que a Alcaldesa de Mos lidere a demanda ante a Xunta, de toda a Comarca coordinándose cos demais Alcaldes e Corporacións que aprobaron ou aproben a recuperación do antigo Hospital do Rebullón e a implantación de servizos sociosanitarios públicos.
- Que se constitúa atal efecto unha Mesa ou similar de coordinación.
- Que se leven a cabo as acción necesarias para que se satisfaga esta demanda que é un clamor xeral na Comarca.
- Que se cree por esta Corporación un grupo de seguimento cos voceiros dos 4 grupos municipais e a alcaldesa co fin de analizar a evolución da recuperción e propor acción.