O estado de abandono no que se atopa San Eleuterio.
Na urbanización de San Eleuterio (Tameiga) son necesarios arranxos e melloras para subsanar a multitude de deficiencias e desperfectos pola carencia de mantemento debido ao total abandono ao que esta sometida polo goberno municipal da sra. Arévalo.
Atopamos diversas arquetas sen tapa co risco que representa para os viandantes. Hai peches perimetrais dos recintos que aloxan os contenedores de basura que estan rotos.
Observamos mobiliario urbano e forestal estropeado e que leva moito tempo sen repoñer. Varias beirarrúas atopanse co pavimento destrozado ou sen enlosar.
O valado sobre o muro de contención segue sen rematar Os parques e xardíns estan moi descoidados coas árbores sen podar. Existen contenedores de basura soltos na estrada sen recinto onde aloxalos.
Un dos exemplos máis evidentes deste abando é o lamentable estado da cancha de fubito. O peche perimetral desta cancha e mesmo a súa porta de acceso atopanse totalmente devencijados e con graves deficienciais estructurais convertendose nun risco para os usuarios.
Por todo o exposto anteriormente, presentamos un escrito no concello solicitando que se acometan de urxencia as actuacións necesarias para subsanar todas estas deficiencias e desperfectos.