A situación ruinosa na que nos meteu a sra. Arévalo

Posted on

No último pleno,  aprobouse de urxencia pagar a Gas Natural – Fenosa todas as facturas da luz atrasadas do ano pasado e evitar que non nos corten a luz. O concello adeudaba 134.833€. de cinco facturas de suministro enerxético do 2016 impagadas.
Esta é a situación ruinosa na que nos meteu a sra. Arévalo.

No pleno do 29 de maio aprobouse un novo recoñecemento de débeda extraxudicial por importe de 349.484, 79€ presentado pola sra. Arévalo para intentar taponar algun dos buracos polos que fai auga a súa nefasta xestión económica.
A sra. Arévalo presume da súa xestión económica para logo presentarnos un recoñecemento no cal se incluen facturas mensuais de gasto corrente de 2016 como o suministro enerxético de 2016 por  134.833€.

Tan mal esta a situación económica municipal que o ano pasado non se paragaron os recibos de 5 meses de Gas Natural e agora temos que recurrir ao recoñecemento extraxudicial de urxencia para que non quede o Concello a escuras. Ademáis na relación de facturas hai ata algunha con data de 2011 e un notorio importe corresponde a obras realizadas en 2014 das cuales curiosamente moitas estan rexistradas con data de hai escaso días, aflorando oportunamente para ter cabida neste proceso extraxudicial.
Se inda estamos pagando facturas de hai varios anos, cando se podrá pagar o máis de un millón en facturas (1.174.701,82€) do 2016 que deixou a sra. Arévalo sen abonar. Porque detrás de cada factura hai unha empresa na que peligran os postos de traballo pola morosidade manifesta da xestión económica da sra. Arévalo.

Ilegalidade urbanistica pendente de demolición.

Outro botón de mostra de como é de ruinosa a situación económica do Concello de Mos deunolo a mesma concelleira de urbanismo Julia Loureiro. No mesmo pleno recoñeceu que en Mos non se cumplia a lei por falta de diñeiro. Según ela o Concello non pode repoñer a legalidade urbanistica por falta de recusrsos económicos.

No caso da «nave Campos» tendo sentenza firme de demolición non se pode levar a cabo porque o Concello nin siquera pode pagar os cartos para executar a orde. Uns cartos que ademáis só adiantaria, xa que logo o propietario de dita nave esta obrigado a reembolsar todos os gastos ao Concello. Así estamos, esta é a verdadeira situación económica á que nos levou a xestión da sra. Arévalo e non ese paraiso de bonanza que ela pregona.

Todos e todas coñecemos as consecuencias de xogar irresponsablemente coa económia. Se dentro de dous anos a veciñanza nos confire a súa confianza que ninguén dubide que o primeiro que faremos será unha auditoria da súa xestión económica e nun dubide que depuraremos responsabilidades penais.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.