A cancha de San Rafael, outra máis abandonada polo goberno municipal
A cancha do barrio de San Rafael esta nunhas lamentables condicións, outra instalación municipal que carece do mantemento necesario e o seu aspecto semella de total abandono.
As gradas laterais estan rotas presentando multitude de aristas cortantes, ademáis ditas gradas estan plagadas de maleza. Unha maleza que de feito pouco falta para que engulla a propia cancha.
Para rematar a desfeita, nun frontal a rede superior que deberia retener os balóns esta solta sen coser á valla inferior o cal impide que cumpla a súa función.
Solicitaremos ao Concello que arranxe estas deficiencias a maior brevedade e sobre todo que dote a esta instalación dun mantemento regular que impida que volva a chegar a estas penosas condicións.