Melloras urxentes en camiños e estradas municipais.
No conxunto de viais municipais de Mos hai infinidade de camiños ou estradas que necesitan arranxos e melloras de xeito urxente. De entre todos eles destacamos dous, O Camiño de Covelo e a Estrada da Vía, xa que son os dous dos puntos negros en seguridade vial máis acuciantes de solventar.

O Camiño de Covelo necesita urxentemente un ensanchamento da calzada para que esta teña un sobreancho suficente para que circulen os viandates sen o grave risco de atropelo que agora sufren. Este camiño soporta unha gran densidade de tráfico rodado e ao mesmo tempo unha gran afluencia de peóns, moitos deles cativos, debido a que un acceso principal tanto para a urbanización de San Eleuterio como para o campo de fútbol do Louro. Ademáis de ensanchar a vía por suposto serían necesarias todas as actuacións que aconsellen os técnicos: reforzo de firme,mellora drenaxe, ampliación cunetas, conteción de terras,…

A Estrada da Vía necesita sen demora unha nova capa bituminosa e o ensanche de zonas onde a súa escasa distancia entre bordes compromete a seguridade vial. Todo o recorrido da vía presenta deficiencias pero o treito entre a rotonda Pena de Francia e Peinador é o que esta en peor estado. Ademáis esta estrada necesita repoñer a sinalización tanto horizontal como vertical, xa que ambas atopanse nun avanzado estado de deterioro. Aproveitando as obras de mellora desta vía sería importante satisfacer a demanda veciñal de máis pasos de peóns nesta vía.
Por iso, solicitamos ao goberno municipal que o abeiro do Plan de mellora de camiños de titularidade municipal (MR701E) recén aprobado pola Xunta de Galicia aproveite as axudas contempladas para acometer urxentemente a mellora, entre outras, destas dúas vías.