As malas prácticas do PP de Mos co novo CIM.

Posted on Actualizado enn

Sentímonos moi satisfeitos ca apertura do Centro de Información á Muller pois consideramos necesario un espazo que impulse a igualdade entre mulleres e homes, un centro que ofreza asesoramento xurídico, atención psicolóxica ás mulleres víctimas de maltrato, así como prevención da violencia machista no Concello de Mos.

Pero a diferenza de nós parece que a sra. Arévalo esta máis pendente da foto que de facer as cousas axeitadamente. As presas xunto ca falta de atención fán que non se cumpra co horario debido, ademais nas dependencias do centro atopámonos cun acceso que supón unha barreira arquitéctonica para calquera persoa con limitacións na movilidade.

A entrada está formada por unha rampa que non cumpre ca legalidade xa que tén o triple de pendente ca máxima permitida e carece do dobre pasamáns normativo.

Respecto ao incumprimento do horario, temos constancia de que alomenos una usuaria tivo que dar volta pero son máis as mosenses afectadas pola irregularidade.

Sen embargo, todas estas presas ao parecer non foron ningún impedimento para que a sra. Arévalo enchufara na xestión do CIM a unha antiga compañeira, ex- concelleira do PP, sen dar ningunha posibilidade a outras traballadoras tituladas.

Ademais, Nidia Arévalo e o PP fai uns meses denunciaron a ineficacia na xestión dos CIM noutros concellos en referencia ao incumprimento do horario mínimo. E resulta que tras facer un seguimento en Mos descubrimos que non se está cumprindo co horario establecido de maneira reiterada.

Parécenos inadmisible que un centro ca importancia do CIM non esté xestionado dunha maneira axeitada, nin se esté cumprindo ca normativa, rompendo así ca igualdade de oportunidades.

Xa nada nos sorprende dun partido que mentres condea a violencia machista e convoca concentracións mediáticas, a hora da verdade mostra o seu despropósito incrumprindo os requisitos fundacionais dos servizos sociais de cara a maioría da cidadanía.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.