MOCIÓN PARA PARA QUE O CONCELLO INFORME AOS PROPIETARIOS DE BENS CULTURAIS CATALOGADOS E AFECTADOS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO.

Posted on

PARA INFORMAR AOS PROPIETARIOS DE BENS DE INTERESE CULTURAL E CATALOGADOS.

Nos últimos anos aumentaron considerablemente as alteracións, danos e agresións ao patrimonio cultural en toda Galicia. O noso concello non é alleo a esta tendencia, con varios exemplos dos que todos somos ou deberamos ser coñecedores. Recoñecemos que o vandalismo pode ser unha das causas pero estas agresións non sempre son voluntarias e prodúcense por descoñecemento dos propios veciños e propietarios dos bens a protexer.

A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, no referente ás funcións de Inspección, di que ademais de vixiar e controlar o cumprimento da normativa os inspectores teñen que : (artigo 124,) d) Asesorar e informar sobre o cumprimento das normas de protección do patrimonio cultural e, en particular, informar as persoas titulares ou responsables de bens integrantes do patrimonio cultural sobre as súas obrigas.

Sobra dicir que en Mos moitos dos propietarios descoñecen o tipo de ben que posúen e non son conscientes das súas obrigas porque non reciben ou nunca recibiron esta información, e como consecuencia desta eiva en moitos casos descoñecen que:

(artigo 32). Deber de conservación. As persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia, están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

(artig 65). Réxime de autorización nos bens inmobles catalogado. Calquera intervención nun ben inmoble incluído no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia ou que afecte ao seu contorno de protección ou a súa zona de amortecemento, nos termos previstos nos artigos 45 e 47, necesitará a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural.

MULTAS PARA OS NOSOS VECIÑOS.

Debido ao este descoñecemento, ademais das agresións involuntarias que poida ocasionar sobre o ben en cuestión e que poden supoñer a perda do mesmo,  o propietario poderá ser sancionado ao estar exposto a multas que dependen da gravidade do dano. Deste xeito moitos veciños de Mos non son conscientes ou non saben ata que punto teñen limitadas certas tarefas ou intervencións:

(artigo 128) m) A corta de arboredo ou outras transformacións da estrutura e usos tradicionais no ámbito delimitado do territorio histórico dos Camiños de Santiago sen a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural ou contravindo os termos da autorización concedida (infracción leve).

(artigo 130) k) A realización de calquera intervención no ámbito delimitado do territorio histórico dos Camiños de Santiago sen a autorización previa da consellaría competente en materia de patrimonio cultural ou contravindo os termos da autorización concedida.

 

AO MESMO TEMPO A ADMINISTRACIÓN LOCAL TEN A OBRIGA DE:

(artigo 3). Colaboración administrativa.

  1. As entidades que integran a Administración local, en relación cos bens do patrimonio cultural de Galicia que se localicen no seu ámbito territorial, teñen as obrigas de:
  2. a) Protexer, difundir e fomentar o seu valor cultural.
  3. b) Adoptar, en casos de emerxencia, as medidas cautelares necesarias para salvagar­dar os bens que viren a súa integridade ou valor ameazados.
  4. c) Comunicarlle á Xunta de Galicia calquera ameaza, perturbación ou dano do valor cultural que tales bens sufran.
  5. d) Exercer, así mesmo, as demais funcións que teñan expresamente atribuídas en vir­tude desta lei.

Ante esta situación, moitas veces son entidades culturais ou veciños os que de xeito particular teñen que dar parte de estas agresións, creando situacións de enfrontamento entre as partes interesadas. En calquera dos casos compre lembrar cales son os dereitos da cidadanía -que somos todos- neste ámbito.

(artigo 5). Dereitos e deberes da cidadanía

  1. A cidadanía ten dereito ao acceso, coñecemento e desfrute, así como á transmisión e á divulgación social do patrimonio cultural de Galicia, nos termos establecidos nesta lei.
  2. Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, está obrigada a cumprir os deberes establecidos nesta lei para a protección do patrimonio cultural de Galicia, así como a actuar coa dilixencia debida no seu uso.
  3. Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, no cumprimento do previsto nesta lei, está lexitimada para actuar ante a Administración pública da Comunidade Autó­noma en defensa do patrimonio cultural de Galicia.

POR TODO O ANTERIORMENTE EXPOSTO FACEMOS AO PLENO A SEGUINTE PROPOSTA:

1.- Que o Concello, en colaboración coa consellería de Cultura, cumpran coa obriga de informar e asesorar aos propietarios ou arrendatarios de bens de interese cultural ou catalogados para evitar máis danos no patrimonio.

2- Que ao mesmo tempo se informe das obrigas e limitacións que teñen os veciños que viven ou teñen propiedades na área de influencia do camiño de Santiago.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.