A falta de transparencia do Goberno Municipal.
Coñecemos de primeira mán a falta de transparencia do PP de Mos:
Dende GañaMos vimos denunciando esta forma de facer política por parte do PP, o que consideramos dificulta de xeito grave o funcionamento democrático do Concello.
O pasotismo do goberno municipal a hora de proporcionar información sobre expedientes, facturas ou calquera outro tipo de documentación cando os nosos concelleiros deciden solicitala dificulta que poidan realizar a súa labor.
Casos concreto e varios expedientes solicitados de maneira reiterada:
➖ Obradoiro Mellorar Mos, obras na capela de San Amaro, solicitado o 19 de Febreiro de 2016, 19 de Abril de 2017 e 9 de Xuño de 2017.
➖ Importe da partida nos orzamentos de 2016 nos comedores e becas escolares, solicitado o 19 de Abril 2017, 24 de Maio do 2017 e 9 de Xuño do 2017.
➖ Expediente CIM e copias, solicitado o 31 de Maio do 2017 e 9 de Xuño do 2017.
Unha vez solicitada a información o goberno municipal tén un prazo máximo de 5 días como se recolle no RD 2568/1986 ( regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime xurídico das entidades locais)
» Acceso a información. Artículo 14.
1. Todos los miembros de las corporaciones locales tienen derecho a obtener del Alcalde o Presidente de la Comisión de Gobierno cuantos antecedentes, datos o informaciones obren en poder de los servicios de la corporación y resulten precisos para el desarrollo de su función.
2. La petición de acceso a las informaciones se entenderá concedida por silencio administrativo en caso de que el Presidente o la Comisión de Gobierno no dicten resolución o acuerdo denegatorio en el término de cinco días, a contar desde la fecha de solicitud.
3. En todo caso, la denegación del acceso a la documentación informativa habrá de hacerse a través de resolución o acuerdo motivado»
Continuamos sen tér resposta, algo quererán ocultar cando non se permite aos partidos da oposición facer o seu traballo.