O día da Rosa, unha festa ou un mitin político?

«Fun a Festa da Rosa e atopeime cun acto de propaganda política. A choiva non me botou para atrás e achegueime ao Pazo xunto coa miña filla a ver a María Fumaça. Cando comenzou a actuación e a miña filla quiso ir a «fila 0» que se deixa sempre nos eventos infantís, ese espazo entre o esceario e a pimeira fila de cadeiras onde se colocan os máis cativos ou as persoas de mobilidade reducida.
Tivo que quedarse coas ganas de ver á familia Fumaça xa que dito espazo estaba ocupado pola sra. Arévalo, o seu séquito máis un desembarco de cargos públicos do seu partido que acaparaban todas as primeiras filas, unha tropa de traxeados dos que máis de un seguro que non sabía nin onde se atopaba.
A sra. Arévalo na sua poltrona pegada ao esceario pensaría que a familia Fumaça cantaba exclusivamente para ela pero a actuación dos Fumaça foi un exemplo de inclusión, de alabanza á nosa xentiña, ás persoas que sen alardes nin ruido de flashes fan de Mos un lugar máis acolledor.
Toda esta cordialidade esfumouse en canto a sra. Arévalo abordou o esceario e apropiouse do micrófono e da festa. Comenzou o espectáculo duro, un discurso político adicado a vanagloriarse a si mesma en vez de resaltar aos verdadeiros protagonistas do día, as veciñas e veciños de Mos. Deleitounos pasando lista un a un a toda a tropa do seu partido como si fora un congreso do PP para logo enumerar unha retahíla das súas execucións inminentes.
Agardo que cando a miña filla sexa suficientemente maior para darse conta e sufrir vergoña allea, agardo que para esa xa teñamos erradicada esta lacra»