Obras de mellora da seguridade peonil anunciadas para as rotondas das Angustias e do Costilleta.

Posted on

Aplaudimos esta inversión na Rotonda do Costilleta como calquera outra inversión que recaiga en Mos. Aplaudimos e se outra vez resulta ser un anuncio en falso, aplaudiremos igual o ano que ven cando se volva a anunciar. Ovacionaremos coa mesma forza que cando a sra. Arévalo anunciou a súa execución inmediata no ano 2012.  O que xa non nos gusta tanto é que a inversión comprometida baixara de 2,5 millóns a só pouco máis dun millón rebaixando moito o alcance da actuación anunciada no 2012.

Parécenos lamentable que a alcaldesa de Mos aproveite un acto público para grabar e publicar un video na web oficial do Concello, insultando á oposición só porque lle lembramos que xa en 2012 se puxo a primeira pedra destas obras de mellora da seguridade vial nas rotondas das Angustias e do Costilleta.

A sra. Arévalo debería deixarnos facer o noso traballo de oposición e preocuparse máis por ter mantido a inversión nos 2,5 millóns comprometidos en vez do millón escaso que anuncian agora, e sobre todo de que non sexa outro conato como no 2012.

 

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.